1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4888410867 3d35243fdc zGaliza - PDMM - A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante o último lume forestal que afectou en Vilaboa a máis de 75 has., nos montes da parroquia de Santa Cristina de Cobres, denuncia que alén da probábel intencionalidade humana nas causas da súa orixe, a propagación das lapas tivo lugar por zonas onde abundan os monocultivos forestais de eucalipto, aínda que tamén próxima a áreas cun elevado interese ecolóxico e ambiental como as varias concas de ribeira do Rio Maior ou o monte das Barreiras.


Foto de José Luís Cernadas Iglesias (CC by/2.0)

Este é o segundo grande lume forestal que se produce no que levamos de ano no Morrazo, tras o lume de finais de Marzo nos montes da parroquia de Meira (Moaña) no que se queimaron 42 Has. de monocultivos de eucalipto e en especial de piñeiro, especie ao igual que a primeira, altamente inflamábel e propagadora das lapas.

Xa naquela altura denunciabamos que esta primavera ía ser problemática polas grandes temperaturas que xa se estaban acadando desde o seu inicio, prognosticándose desde os servizos meteorolóxicos unha primavera seca e pouco chuviosa, como de feito está a suceder na realidade.

Quixeramos lembrar tamén que a última grande vaga de lumes que asolou os montes do Morrazo, en agosto do 2006, se iniciou precisamente por estes montes de Vilaboa para despois propagarse cara aos montes das parroquias de Domaio e Meira, ardendo grande parte do espazo natural pola grande presenza de monocultivos forestais de eucalipto, especie que, ademais de alóctona e invasora é pirófita, ou sexa, favorece e ademais beneficiase dos lumes, espallándose incontroladamente dende hai case medio século polos montes desta comarca, das Rías Baixas e de boa parte da franxa costeira galega.

Este descontrol só dá beneficios a unha parte do sector madeireiro, en especial da fabricación intensiva de pasta de papel (ENCE), a costa do deterioro ambiental e da afección dos outros usos tradicionais e máis sustentábeis tanto a nivel madeireiro como agroforestal, gandeiro e mesmo social e recreativo.

Despois de anos de vagas de lumes que arrasan aos poucos o noso medio, cómpre salientar que non se aprendeu e reaccionou levando a cabo medidas de control e prevención dos lumes, como son a limpeza e o ordenamento sustentábel do monte, e así ano a ano temos que contemplar impotentes como os nosos montes se queiman poñendo en perigo o medio e mesmo as nosas vidas. Sen estas necesarias medidas de prevención, as medidas de extinción onde se invisten unha chea de cartos todos os anos, alén de para facer negocio a súa costa, de pouco serven pois só actuan unha vez que o lume xa está activo e xa provocou un grande dano.

A persistencia no emprego dos monocultivos forestais de eucaliptos e piñeiros, ademais de ir contra a biodiversidade natural e da multifuncionalidade dos usos do monte, segue a ser unha das principais causas da propagación dos lumes que á parte de afectar de xeito severo a fauna, a flora e o propio solo, ameaza con contaminar unha vez máis coas súas cinsas as augas superficiais e por escorrentía da propia ría, en especial a Enseada de San Simón. Un espazo, este último, protexido pola Rede Natura, de grande valor natural e cun grande interese social e marisqueiro, que veu como se sedimentaban os seus fondos nas últimas décadas a causa das cinsas de varias vagas de lumes, verteduras urbanas e industriais.

Os lumes forestais son uns dos principais responsábeis da mudanza climática a nivel planetario pola grande cantidade de gases de combustión emitidas á atmosfera, e esa mudanza climática é a súa vez a responsábel do quecemento global que nun círculo vicioso favorece e eleva o risco de lumes. Cómpre pois tomar medidas para cortar de vez este círculo letal de serias e fatais consecuencias para o futuro e a curto prazo.

Detrás destes lumes en moitos casos agóchanse intereses especulativos cos propios usos tradicionais do monte, pois o deterioro ambiental provocado polos lumes nos bens produtivos a nivel forestal, mais tamén nos biolóxicos con fauna e flora de interese e hábitats de protección prioritaria, é utilizado despois polos axentes especuladores para lle dar valor a outros usos moi distintos, e que non deixan de ser outra agresión máis para o medio, como os proxectos de parques industriais ou do parque eólico de Pedras Negras, para o que contan coa complicidade administrativa dos gobernos da comunidade autónoma, blindándoos coa declaración de “interese público”.

Para a Plataforma cómpre urxentemente un cambio de modelo de xestión forestal, que cumpra decididamente un verdadeiro labor de prevención de lumes e, ao mesmo tempo, de armonización ambiental, como a substitución progresiva de monocultivos forestais por especies frondosas e caducifolias, o apoio e recuperación da silvicultura agroforestal do monte baixo, a promoción da gandeiría extensiva e a protección e conservación das masas de bosque natural e autóctono, en especial nas zonas húmidas.

Por outra banda, cómpre tamén unha participación directa na xestión, tanto de propietarias e propietarios como arrendataria por parte da poboación local, que se basee nunha maior implicación e autosuficiencia con destino ao abastecemento dos recursos propios na proximidade fronte á subrogación e a subsidiariedade aos intereses das multinacionais do sector madeireiro, pasteiro de papel e plantas de incineración de biomasa, en base á exportación masiva do produto da actualidade.

A Plataforma en Defensa do Morrazo, así mesmo, quere manifestar publicamente o seu rexeitamento aos intereses de ENCE de seguir fumigando con biocidas os eucaliptais para tratar a plaga do gurgullo (Gonipterus scutelatus), neste caso cun produto que contén como principio activo o tau-fluvalinato, ao ser bioacumulativo e a alta toxicidade que comporta para o medio acuático máis a vida e polinización das abellas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.