A veciñanza da Ribeira de Barallobre sofren as consecuencias desta inoperancia das administracións e falta de propostas para este lugar, onde vívese unha situación de abandono e falta de PROXECTO para unha zona sensible da costa a cal conta con recursos naturais e marisqueiros propios baixo a administración da Confraría de Barrallobre que resulta un motor importante para a economía local.
A súa PROPOSTA consiste en convertir esta zona nun ESPAZO VERDE ou PARQUE, asi como REHABILITAR este edificio para fins deportivos, servizos, sociais e culturais para a cidadanía. Consideramos que esta parte da Ría de Ferrol, Ribeira de Barallobre ten un particular e único valor PAISAXÍSTICO e MEDIO AMBIENTAL.
Estas antigas instalacións, ofrecen a oportunidade de REHABILITACIÓN deste edificio para uso múltiples como hostelaría, zonas destinadas a albergar material de embarcacións tradicionais, naútico- deportivo, espazos para a participación cidadá. Este fin posibilitaría unha oferta cultural, deportiva e lecer para a xuventude e cidadanía nos deportes naúticos de remo, vela ou a recuperación das embarcacións tradicionais co obxecto de rescatar a tradición mariñeira.
Piden que a nova corporación municipal do Concello de Fene deberá COORDINAR coas administracións da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de A Coruña, Autoridad Portuaria, proxectos europeos – UE - , un planeamento de REHABILITACIÓN para a RIBEIRA co obxecto de recuperar e revitalizar este espazo público nun exercicio de política municipal, consensuando cos responsables de COSTAS e administracións competentes as fórmulas necesarias para a consecución dun proxecto vital.
Aínda teñen que soportar na Ribeira de Barallobre unha MURALLA arredor destas instalacións ruinosas, polo que consideran este peche innecesario e inconveniente para este lugar e piden o seu derrube e abrir este espazo ao mar.
Esta proposta cidadá debe ser analizada en base a unha reflexión política sobre as posiblidades reais que ofrece este ESPAZO de inmenso valor PAISAXÍSTICO, MEDIO AMBIENTAL, DEPORTIVO e SOCIOCULTURAL co obxectivo de conseguir a transformación deste espazo privilixiado e incomparable nun lugar de encontro cultural e social para o Concello de Fene e a Ría de Ferrol.
Seguirán a informar de actividades e seguirán a reivindicar as súas demandas a través dos medios de comunicación. Por todo isto, peden as Forzas Políticas e sociais un compromiso firme para conseguir a transformación deste lugar nun Parque ou espazo verde e a rehabilitación destas instalacións como lugar de referencia sociocultural, deportivo e lecer.