1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210515 tarifaGaliza - CIG - Entende que Galiza debe ser compensada polas consecuencias sociais e medioambientais de ser produtora e exportadora


A CIG presentou este martes no rexistro do Parlamento galego un escrito solicitando que se dea trámite á "proposición de lei por Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética". O secretario xeral, Suso Seixo, explicou que Galiza sofre as consecuencias sociais e medioambientais de ser produtora e exportadora, pero non obtén a cambio ningunha compensación nin para a súa economía produtiva nin para a súa poboación.

Xunto a Seixo, como membros da Comisión Promotora, compareceron tamén o secretario nacional de CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas; o responsábel do sector de Enerxía na federación, Fernando Blanco; o secretario nacional de CIG-Construción, Xoán Xosé Melón e a secretaria nacional da FEGAMT-CIG, Dores Martínez.

O secretario xeral da CIG explicou que a central sindical decidiu impulsar esta ILP reclamando unha tarifa eléctrica galega porque para Galiza o sector enerxético é estratéxico, tanto polo seu peso no PIB, como pola súa importancia económica e social. "Galiza exporta grande parte da enerxía eléctrica que produce, en torno ao 40%. Porén o feito de que sexamos produtores ten unhas repercusión negativas do punto de vista social e medioambiental porque detrás da produción temos vales fértiles asolagados, desprazamento de poboación e contaminación derivada da actividade das centrais térmicas".

Por iso a CIG entende que para compensar estas consecuencias negativas a enerxía tiña que ser máis barata para facilitar a instalación de industrias no noso país e o acceso da poboación a este ben básico. Neste sentido o secretario xeral denunciou que "nestes momentos, e como consecuencia da crise económica, hai unha parte importante da poboación, en torno a un 18%, que está en situación de pobreza enerxética e ten moitas dificultades para pagar enerxía sobre todo nos meses de inverno".

Explicou que o sector enerxético está regulado a nivel de estado e que se fixa unha tarifa única que inclúe toda unha serie de peaxes que teñen que ver co transporte e distribución desa enerxía "que os galegos pagamos cando a producimos ao noso carón".

Denunciou as consecuencias que isto ten para as empresas que son grandes consumidoras de enerxía eléctrica e o perigo de que isto poida mesmo provocar o peche dalgunha delas e, en consecuencia, a perda de máis emprego.

Ante esta situación concluíu que "o lóxico sería, polo tanto, que sendo produtores e excedentarios os galegos e galegas puidésemos gozar dunha tarifa eléctrica máis baixa que facilitara que as nosas industrias foran máis competitivas. Iso rebaixaría os custos de produción desas industrias e a implantación de moitas outras o que suporía un beneficio económico para o país e favorecería a creación de emprego para que a nosa mocidade non siga condenada á emigración".

O secretario xeral da CIG lembrou ademais que esta demanda non implica "nada novo" porque hai territorios en Estados da UE que teñen tarifas eléctricas diferentes e en 2013, cando se aprobou a Lei de Enerxía, o goberno vasco asinou un acordo co PP que estabelece unha condición específica para Euskadi en relación coas redes de alta tensión que abaratar a enerxía.

Seixo considerou imprescindíbel abrir este debate social aínda que, en resposta a preguntas dos xornalistas, recoñeceu que é difícil que a ILP se aprobe gobernando o PP. "Non esperamos nada en positivo porque estamos gobernados por uns irresponsábeis, uns señores profundamente antigalegos".

Malia iso afirmou que aínda que "quen nos goberna está noutra liña, máis preocupados por encher os seus petos e os dos seus amigos e logo por favorecer os intereses da banca e das grandes multinacionais, isto non pode ser motivo para que renunciemos, como organizacións sociais que somos, a facer o que entendemos que é o noso labor".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.