1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

gaseiro ferrol 24042015Galiza - Ártabra21 - Convocada unha nova mobilización ante a presencia, este ultimo fin de semana, do LNG 'Iberica Knutsen' na Ría, cargado con gas "para a ilegal e perigosa Reganosa". Concentración Sonora na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Lúns 18 de Maio, ás 8 da Tarde


O "LNG Iberica Knutsen", de bandeira de Noruega, estivo este fin de semana dentro da Ría de Ferrol descargando gas en Reganosa. Un buque gaseiro, de 277 metros de eslora, 43,44 de manga e un calado de 11,4m, que pode cargar sobre uns 138.000 de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN). O "LNG Iberica Knutsen" entrou pola bocana da Ría e cruzou o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.000 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos, onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). Este buque fixo o gaseiro número 194 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este Luns ás 8 da Tarde (Novo Horario), en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.