1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

207463270 fec4fc8573 zGaliza - CIG-Autonómica - CIG denuncia a retirada dos helicópteros destinados no serviço contra os incêndios das bases geridas diretamente pola Junta da Galiza em benefício da empresa privada.


Foto de Xabier M. (CC by-nc-nd/2.0)

As bases de helicópteros de extinción de incendios de Vilamaior, Marroxo e Campiño quedaron dende o mércores, 13 de maio sen helicópteros. A empresa concesionaria decidiu a súa retirada destas bases nas que o persoal das brigadas pertence a Xunta de Galicia, en favor doutras bases con persoal da empresa privada.

Dende a CIG denuncian públicamente que a Consellería do Medio Rural e do Mar deixa a xestión do operativo aos intereses dunha empresa privada en contra das necesidades do servicio de extinción incendios.

Casualmente en dúas das bases (Marroxo e Vilamaior) retíraselle o helicóptero nun momento delicado no que un lume arrasa máis de cen hectáreas, en Vilariño de Conso, en plena zona protexida pola rede Natura.

A CIG demanda da Conselleria do Medio Rural e do Mar a reposición inmediata dos helicópteros destas tres bases, así como a incorporación do persoal propio da Xunta de Galicia ás brigadas de helicóptero, desprivatizando un servizo que sempre funcionou axeitadamente con persoal propio, os datos do Ministerio de Medio Ambiente en canto a eficacia, corraboran esta afirmación.

Acusan a Xunta de Galicia de agravar o problema dos lumes coa privatización, xa que o aumento dos lumes implica directamente o aumento dos cartos a gañar polas empresas privadas podéndose convertir nun circulo vicioso... máis lume, máis cartos.

A Xunta de Galicia retira da circulación os helicópteros das bases que teñen persoal propio da administración e segue a permitir a xestión dos lumes por parte dunha empresa privada. A CIG parécelle fundamental rachar o binomio interes economicos e lume forestal polo ben do noso Patrimonio Medio Ambiental.

Non deixa de ser grave a situación, xa que a propia administración contratou un helicóptero con brigada para tres campañas por máis de nove millóns de euros, é decir dezaoito veces máis do que lle costaría mercalo (Lembremos que este aparato tén perto de 40 anos).

Está claro que os últimos movementos da Xunta de Galicia, lonxe están de tentar solventar a lacra dos lumes e máis parecen favorecer a certas empresas privadas as cales se benefician claramente de adxudicacions públicas en detrimento da eficacia contrastada dun Servicio de Prevención e Extinción de Incendios Forestais que é unha referencia no Estado Español en canto á eficacia e á experiencia.

A CIG esixe que, de forma inmediata se volva a dotar de helicópteros as bases xestionadas directamente pola Conselleria do Medio Rural e do Mar, as cales dispoñen de persoal de gran experiencia para rentabilizar da mellor forma posíbel o diñeiro público,e se deixen de utilizar diñeiro público para posibles beneficios de empresas amigas.

Dende a CIG exixen a dimisión automática dos responsables que adoptan decisións arbitrarias e que para nada melloran tanto a protección adecuada do noso Patrimonio Mediambiental e moito menos rentabilizar os cartos de todos os galegos que se destinan para rematar coa lacra incendios forestais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.