1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140216 manGaliza - Diário Liberdade - Vários coletivos galegos, a maior parte do sul do país, assinam um comunicado denunciando o terrível salto na repressom do regime espanhol.


Reproduzimos a seguir o comunicado conjunto que se divulgou na concentraçom de apoio aos marionetistas espanhóis processados por 'apologia do terrorismo' por umha obra de marionetes. O texto, no entanto, fai umha reflexom mais profunda:

Titiriteiros, precarias, sindicalistas, independentistas, anarquistas, rapeiros, estudantes, xente que para despexos ou que loita polos dereitos sociais nunha rotonda. O mesmo da para eles.

Calquera que se organice, que cuestione o sistema , que loite polos dereitos é un perigo. E non dubidan en empregar a represión, o medo para tratar de acalar as loitas das que, dende abaixo, pulan por outras formas de vida.

Os colectivos que convocamos esta concentración amosamos todo o noso apoio para Alfonso e Raúl, os dous titiriteiros detidos e acusados de enaltecemento de terrorismo e apoloxía da violencia por representar a obra “La bruja y Don Cristóbal”. Para eles e para os seus familiares e amizades todo o noso agarimo e apoio.

Cualificamos de intolerable a actuación da mal chamada xustiza española e lamentamos uns feitos que cheiran a ditadura.

Abonda xa de represión! Esiximos que arquiven o caso destes dous compañeiros. Esiximos tamén que deixen a un lado a violencia e a represión fronte a quen defende os dereitos.

Esiximos que desboten as “leis mordaza” e que realicen unha amnistía social para as persoas que foron e son criminalizadas por defender a xustiza social ou coma neste caso, por expresar a través da arte a súa disconformidade co orde establecido.

Absolución para os titiriteiros! Pola liberdade de expresión! Contra a represión! Amnistía xa!

Asemblea Aberta de Coia | ODS-Coia | G.A.S. | Vigo contra Represión | CNT Vigo | CSOA “A quinta da Carmiña” | Verdegaia | Os verdes | PAH Vigo Tui-Baixomiño | Os ninguéns | RSP Vigo | C.S.A. A Cova dos Ratos | C.S. O Fuscalho | C.S. Faisca | Árbore | Ceivar | As Ghatas Salvaxes | CS A Revolta


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.