1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

SOLIDARIEDADE COM ALFONSO E RAUL LIBERDADE XA CONCENTRACIONGaliza - MDFT - Concentración en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid, este sábado 13 de Febreiro ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. 


Aínda que nun principio convocouse ás 8 da tarde, con posterioridade, a Marcha Mundial das Mulleres, convocou unha concentración á mesma hora no mesmo lugar, como é habitual sempre que se produce un asasinato machista. Desta vez un novo brutal crime tiña lugar día 11 en Becerrea, a violencia machista quitou-lle a vida a outra muller, un acto máis do xenocidio contra as mulleres, só polo simple feito de se-lo. "Desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, non podemos mais que sentir repulsa ante este novo asasinato e imos participar neste acto de denuncia, repulsa e condolencia, neste berro de dor que pide xustiza que pide acabar con este sistema patriarcal de dominio contra as mulleres, non mais violencia contra as mulleres. Pola igualdade, o respecto e a non violencia" - explican.

As Marchas da Dignidade, como non podía ser doutro xeito, atrasarán o tempo necesario para non facer coincidir os dous actos. Mais fan un chamamento para participar no acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres.

Como noutros lugares da Galiza e do estado este sábado 13 de febreiro, ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal, Concentración pola retirada inmediata de tódolos cargos que hai postos contra Alfonso e Raúl, en defensa da liberdade de expresión, para reclamar a inhabilitación do xuíz Ismael Moreno que os encarcerou e a derrogación da lexislación mordaza e criminalizadora da protesta social.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.