1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

NomAoDesalojoGaliza - AS/DL - Convidan a toda a cidadanía da comarca de Vigo a acudir á concentración solidaria con este colectivo o próximo 17 de febreiro ás 17 hs. na rúa Hispanidade, 73.


Foto da RSP

TRABALLO SOCIAL

Este colectivo está a desenvolver unha labor social que consiste en mellorar a situación precaria e ofrecer axuda a quen verdadeiramente o precisa, que cada vez é máis xente no contexto de crise que nos toca vivir. Para isto contan cun local, un edificio abandonado, antes en estado ruinoso que con moito esforzo teñen recuperado sen facer modificacións nin alteracións, onde recollen alimentos, roupa (creación dun roupeiro solidario), xoguetes, organizando charlas, clases de idiomas, obradoiros varios, asistencia legal, psicolóxica… dun xeito desinteresado e por suposto, sen ánimo de lucro.

MOTIVO DA CONCENTRACIÓN

Por todas estas actividades que realizan, enfróntanse a unha orde de desaloxo e outra de multa, que neste caso recaería na compañeira Elisa, unha das persoas máis implicadas neste proxecto.

INSTITUCIÓNS PÚBLICAS E NÓS

Con este tipo de actuacións os organismos públicos demostran coa súa forma de actuar de parte de quen están. "Nós, a CUT, estamos coa R.S.P. pola súa coherencia solidaria", din.

É o momento de tomar posicións. Con quen vas estar?


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.