1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

12febGaliza - AAC - CONCENTRACIÓN en SOLIDARIEDADE cos TITERITEIROS. Venres 12 febreiro ás 20:00 diante do MARCO (Vigo).


Diversos colectivos da cidade queren amosar a súa condena á detención e encarceramento o pasado 5 de febreiro de Raúl e Alfonso, integrantes da compañía “Títeres desde Abajo” pola representación da obra satírica “La bruja y Don Cristóbal”.

Parécelles intolerable a actuación do Xuíz da Audiencia Nacional que decretou de forma inmediata a prisión provisional e sen fianza dos artistas, baixo a acusación de enaltecemento do terrorismo e apoloxía da violencia, por amosar, entre outras cousas, na obra, unha pancarta co lema “Gora alka-eta” e representar o aforcamento dun monicreque caracterizado de xuíz.

"Esta actuación por parte do estado e do seu “aparato xudicial”, supón unha mostra, gravísima e desproporcionada, do proceso de criminalización que está a sufrir a loita e a denuncia social", explican.

"Asistimos estupefactas á utilización política da xustiza por parte do poder, ás detencións de compañeiras polo mero feito de berrar contra este sistema que nos oprime, ás montaxes policiais contra as “disidentes”, á represión pola forza da liberdade de expresión,… Estamos fartas de que nos criminalicen e nos esmaguen. En solidariedade con todas as represaliadas do Estado, esiximos o arquivo dos cargos contra os artistas".

Pola xustiza social. Pola liberdade de expresión. Contra a represión. Amnistía social xa!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.