1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

solidomGaliza - CIG - O domingo 24 de xaneiro, ás 12:00 horas, dende a Alameda de Compostela


A CIG apoia e chama a participar na manifestación convocada por diferentes organizacións políticas, sociais e sindicais para este domingo 24 de xaneiro, en defensa dos dereitos civís e políticos e contra da persecución ideolóxica, materializada nesta ocasión na suspensión de actividades dunha formación política e o enxuizamento de nove militantes independentistas. A marcha sairá ás doce do mediodía dende a Alameda de Compostela.

Con esta mobilizacións quérese amosar a solidariedade coas nove persoas detidas o pasado 30 de outubro nunha operación altamente mediatizada, acusadas de dous delitos de “integración en banda armada” e “enaltecemento do terrorismo”. Estes nove independentistas galegos e galegas teñen un proceso penal aberto nun tribunal de excepción como é a Audiencia Nacional, moi activo na persecución de organizacións e persoas que defenden a soberanía das diferente nacións do estado.

De xeito paralelo, a organización independentista na que militaban, Causa Galiza, foi suspendida de actividades durante dous anos, o que na práctica equivale a súa ilegalización.

Atopámonos ante un novo caso de represión, nunha operación cunha aberta intencionalidade política, que baixo a escusa da “loita contra o terrorismo” busca criminalizar e deixar fóra da legalidade o independentismo organizado. Unha actuación que hai que enmarcar no retroceso dos dereitos e liberdades civís e políticas practicado polo goberno español, que da man de normativas como a chamada Lei Mordaza ou a aplicación sistemática de sancións penais e administrativas, pretende reprimir a protesta e á mobilización social, limitando gravemente dereitos fundamentais.

Fronte a isto, a CIG súmase á esixencia de garantías para o pleno exercicio das liberdades de reunión, asociación e manifestación para todos os galegos e galegas, o levantamento da suspensión das actividades a Causa Galiza, así como a retirada das graves imputacións penais ás que están sometidas as nove persoas detidas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.