1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

5694e2f88c6ac quique costasGaliza - EsCULcA - A semana pasada, probabelmente na sexta-feira 8 de xaneiro, morreu na prisión de Teixeiro J.V.P., natural da Coruña, por problemas hepáticos.


Foto de  Galiza Contrainfo (CC BY-NC-SA) - Manifestaçom para exigir tratamento para a hepatite C.

O interno non recibira o tratamento para a hepatite C que padecía. Hai uns dias a Fiscalía presentou denuncia contra o SERGAS por responsabilidades penais derivadas de non faciliar medicamentos a doentes que acaban falecendo.

Denuncia o Sergas por non receitar medicamentos contra a Hepatite C

A fiscalía vén de presentar unha denuncia contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nos xulgados de Compostela polas restricións impostas pola Xunta aos fármacos receitados a enfermos de hepatite C. O ministerio público considera que hai responsabilidades penais na cúpula directiva de Sanidade por non ter facilitado os medicamentos a doentes que acabaron falecendo.

Cando menos tres, segundo o texto da demanda, terían morto pola negativa a administrarlles as medicinas. "Pero esta só é a pequenísima punta do iceberg", advirte Quique Costas, voceiro da Plataforma Galega de Persoas Afectadas pola Hepatite C, colectivo que organizou e liderou as mobilizacións que durante meses pedían unha solución a unha problemática que causou mortes, "sufrimento e angustia".

Foi un dos que levantou a voz no Parlamento após a negativa do PP a garantir os tratamentos e insiste en que "decisións políticas" do Goberno de Núñez Feijóo provocaron varias mortes en Galicia. "Non o digo eu nin a Plataforma, é o que di a fiscalía despois de nove meses de investigación e 200 folios nas dilixencias", aclara.

Máis información aquí.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.