As xornadas terán lugar en tres centros sociais: Ateneo Libertario Xosé Tarrío, Centro Social A Comuna e Centro Social Gomes Gaioso.
Inauguramos o pasado 28 de decembro unha exposición con obras artísticas de presxs no Ateneo, pero dependendo da semana, como vedes no cartaz, as xornadas se realizarán en outros CCSS, polo que ademáis de haber proxeccións, palestras e charlas, se trasladará a exposición ao centro social correspondente.
Esperamos vervos nalgún evento, unha aperta e se agradece a difusión!