Apenas hai unhas semanas colamos sendos escritos do Xurxo cando aínda estaba preso en Topas; agora recollemos esta imaxen do Boletín Tokata onde convocan a alagar Teixiero con cartas ao seu nome, e se ben esta convocatoria fala de facelo entre o 20 de decembro e o 3 de xaneiro; dende Abordaxe vos animamos a ampliala e a que na vindoura Marcha a Teixeiro do vindouro sábado 9 (convocatoria da que estamos pendentes de receber o cartaz con o horario e lugar de partida) o teñamos presente nos nosos berros.