1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

STOPCabeceraGaliza - SD Corunha - Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña non queren deixar pasar a oportunidade de facer balance deste 2015 que tantas novidades (boas e malas) nos trouxo: a Lei Mordaza, a loita que continúa en Elviña, xuízos gañados e novas multas por loitar polos dereitos de todas.


Queren recordar que ata o de agora acumulan 15,145 euros en multas. As que pagaron entre todas ascenden a 4,827 euros, e o monto restante seguirá sendo utilizado para as sancións futuras, xa que seguiremos loitando polo dereito á vivenda e levando a cabo accións de denuncia. En 2014 lanzaron unha campaña de socialización de multas que rematou a principios deste ano 2015 e que lles deixou un bo sabor de boca ao saber que contan co apoio e a solidariedade de milleiros de persoas.

A boa noticia son as 15 persoas absoltas (dun total de 16) que se viron obrigadas a participar en diferentes procesos xudiciais polo penal. Pola contra, nos xuízos pola vía administrativa en resposta ás sancións impostas, perdemos 4 e gañamos 5. Non obstante, seguen a chegar novas multas de distintas accións. Por exemplo, as relativas á convocatoria feita a nivel nacional contra a Lei Mordaza na que sufriron a represión e a violencia policial.

"Este ano non deixamos de apoiar á veciñanza de Elviña na súa loita por manter as súas vivendas fronte ó proceso especulativo do parque Ofimático. Seguimos acompañándoos todos os venres nas súas protestas na pasarela, participamos no seu Entroido, na súa Revolución do Toxo e máis acudimos a Elviña para lembrar o cabodano do desafiuzamento e destrución da casa de Varo e Isabel, e seguiremos apoiando a loita da veciñanza ata acadar unha solución xusta" - explican.

Teñen tamén un agarimoso recordo para Carlos Midón e a súa familia, vítima de estafa e desafiuzamento, compañeiro de loita polo dereito á vivenda en Compostela, e que no cabodano do seu desafiuzamento quitouse a vida ante a desesperación de non poder resolver a situación de miseria á que o abocaron xunto coa súa familia. Uns días despois as plataformas convocaron unha manifestación á súa memoria, reivindicando que estes feitos son crimes sociais e teñen responsables.

Pola banda de SDC, queren rachar coa soidade e o illamento, e continuan a realizar asembleas de persoas afectadas nas que traballan conxuntamente para buscar solucións e xerar dinámicas de asesoramento colectivo e apoio mutuo entre todas. Deste xeito, querenasentar as bases para que o dereito á vivenda sexa un eixo sobre o que construír unha sociedade xusta na que ninguén máis teña que sufrir o medo a quedar na rúa.

Por todo o anterior, queren "mandar unha mensaxe de esperanza e de loita a todas aquelas persoas que están en risco de desafiuzamento ou teñen problemas habitacionais. Nós seguiremos loitando por este dereito e contra a represión. Agardamos que no 2016 consigamos rematar cos desafiuzamentos e o dereito a unha vida digna para todas sexa cada día máis unha realidade".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.