1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

291215 quevoltemGaliza - Sermos Galiza - [X.M. Piñeiro] O 16 de xaneiro sairá de Galiza unha nova edición da 'Marcha às cadeias', unha iniciativa para visualizar e denunciar a política de dispersión que se aplica polo Estado aos presos independentistas.


O 16 de xaneiro decorre unha nova edición, e van 10, da 'Marcha ás cadeias', a iniciativa impulsada por 'Que voltem para a casa!', a plataforma de familares e amigos dos presos independentistas. Tres columnas partirán doutras tantas localidades galegas (Ferrol, Compostela e Pontevedra) para percorrer en auto-carro miles de quilómetros até as cadeas onde cumpren condena: Zuera, Dueñas, Villanubla, Ocaña e Mansilla de las Mulas. Falamos con Cristina Rodrígues, unha das voceiras desta plataforma.

- Esta é a décima edición da marcha. Unha década na que variaron os aspectos técnicos e organizativos mais que mantén as mesmas demandas que en 2006.

- Os motivos que deron orixe a esta iniciativa seguen aí, incluso máis acentuados. Por exemplo, nesta ocasión temos que ir até Zuera (Zaragoza), a máis de 800 Km, pois alí disperaron Raúl Agulheiro. Imos fretar 3 auto-carros para poder cubrir todas as cadeas onde están os presos independentistas e iso supón un custo económico importante. Mais non nos arreda. Os motivos que deron inicio ás marchas seguen e por iso seguen as marchas. Unha cousa que percebemos é que cada ano se anota máis xente, cada vez hai máis persoas sensibilizadas sobre o que supón a dispersión e o réxime que se lle aplica a estes presos, cada vez hai máis xente que rexeita que o Estado español incumpra convenios internacionais, que faga caso omiso de recomendacións de entidades defensoras dos dereitos humanos...

- Falas de que cada vez hai máis xente sensibilizada co que implica a dispersión, mais segue a ser unha demanda minoritaria na sociedade galega, se ben tamén é certo que apenas hai voces que a apoien ou xustifiquen

- A dispersión non ten ningunha xustificación, é ilegal, é unha medida que simplemente procura punir o preso e o seu entorno afectivo, a familiares, amizades... É unha medida política, adoptada e defendida polas altas instancias do Estado e que se aplica sistematicamente a un grupo moi concreto, os presos independentistas, e non sobre outros. Cando explicas á xente, mesmo a aquela de ideoloxías ou posicionamentos políticos moi diferentes, o que é a dispersión, os prexuízos para as familias,... atopamos case un consenso en dicir que non ten sentido, en que non debería de aplicarse. A xente, independentemente da ideoloxía, repito, adoita empatizar cos argumentos. A dispersión é pura vinganza, unha condena a maiores.

- As consecuencias concretas da dispersión para preso e o seu entorno é un dos aspectos nos que facedes máis fincapé

- A dispersión procura o desarraigo social da persoa presa, afastalo da súa terra e da súa familia e amizades. Incumpre, pois, toda esa lexislación penitenciaria española que di que o preso debe cumprir pena o máis perto posíbel dos seus, que se debe evitar o desarraigo do encarcerado, etc... É unha sangría económica para familias e amigos, que ao final do ano levan percorridos ducias de miles de quilómetros, centos de horas na estrada, para poder visitalos. É, tamén, un risco, precisamente polo exposto antes: longas distanzas a percorrer en pouco tempo. Tamén xera un desgaste emocional en todos, a persoa encarcerada e familiares. Mais, e por tirar unha nota positiva, hai algo que gostaría destacar: a dispersión fainos a todos estar máis unidos, estreita dunha forma especial os vínculos entre os presos e os que seguen a superar todo tipo de impedimentos e barreiras para seguir a visitalos.

- A denuncia das políticas de dispersión non é a única que se fai nestas marchas

- Pretendemos denunciar todo o paquete de medidas que se aplican aos presos independentistas, non só a dispersión. Desde a súa clasificación como FIES ou de 1º grao até as prisións preventivas que se adoptan xa por sistema nas detencións por este tipo de acusacións. O secreto de sumario, coa indefensión que iso provoca, o propio papel da Audiencia Nacional... Mais estas marchas teñen tamén outra compoñente, a de achegar a solidariedade para cos que están presos.

- Falabas antes da dispersión como unha decisión política. Foi adoptada nos 80 e nun contexto moi concreto e determinado, contexto que hoxe en día non existe. Mais a dispersión persistiu, goberno tras goberno. Agora que se aponta no Estado a necesidade de maiores cotas de transparencia e democracia en todos os ámbitos, tamén pode haber esperanzas para finiquitar a dispersión?

- Eu creo sinceramente que a fin da dispersión virá máis desde nós propios, da forza que sexamos quen de facer na sociedade, que das institucións. Os políticos actúan se ben que hai unha demanda, unha exixencia na sociedade, e creo que aí temos que centrarnos: informando, sensibilizando, explicando...

- En maio presentouse no Tribunal de Estasburgo unha demanda por vulneración de dereitos dos presos independentistas. En que ponto se atopa na actualidade?

- Estamos agardadando que sexa admitida a trámite. Unha vez que o sexa, a verdade é que somos bastante optimistas. Consideramos que a sentencia que establece que en Galiza existe unha banda armada susténtase en argumentos febles e probas circunstanciais, polo que podería ser revogada.

- Hai dous meses unha operación ordenada pola Audiencia Nacional na que se detiña a dirección nacional de Causa Galiza, ilegalizando de facto a esta organización independentista

- Ese operativo é un verdadeiro escándalo, non hai palabras. Detiveron a dirección dunha organización cuxa actividade era pública e política. O despregamento policial, a alarma social que se procuraba crear, a criminalización... Sabes que cousas así poden pasar, porque ves que o fixeron e fan noutras partes do Estado, mais non deixa de abraiar e de ser preocupante.

- Nelson Mandela afirmaba que un estado se coñece de verdade cando se coñecen as súas prisións...

- É unha boa frase, si. A través das prisións podes ver que tipo de Estado estamos. Eu engadiría que a través da xente que está presa e da xente que está no poder podes facerte unha idea de como é un estado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.