1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

3486913398 b8dd4b772c zGaliza - COPG - Hoxe sábado 19 de decembro remata na Casa de Cultura de Narón o último grupo deste ano do programa " Xornadas de Concienciación", do Colexio Oficial de Psicoloxía, unha alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade. Nestas Xornadas, que xa contan con seis anos de traxectoria e que foi un programa pioneiro no Estado, participaron un total de 65 condutores e condutoras con algunha sanción por delitos relacionados coa seguridade viaria en 2015.


Foto de srgpicker (CC by-nc/2.0/)

O programa, que conta co apoio da Dirección Xeral de Xustiza e de Institucións Penitenciarias (Unidades de Medidas Abertas), está impartido por profesionais da psicoloxía con ampla experiencia no eido do tráfico e ten como fin concienciar os condutores e condutoras de que a seguridade viaria depende de todas e cada unha das accións que a nivel persoal e individual en disposición de asumir.

Preténdese así diminuír o número de condutas infractoras, así como incrementar a motivación ao cambio para lograr maior responsabilidade e respecto ás normas. Ao mesmo tempo, búscase incrementar o autocontrol e a responsabilidade compartida nas vías, así como dotar as persoas participantes de recursos, medios e análise crítica para corrixir ideas distorsionadas sobre a condución e a responsabilidade na estrada.

O Concello de Narón acolleu dous dos grupos das Xornadas de Concienciación celebradas en 2015, mentres que un terceiro celebrouse en Santiago de Compostela. Ademais, permanece activo o programa especializado de longa duración desenvolvido por profesionais do comportamento e posto en marcha polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Psicovial, que se está a desenvolver en Ourense.

Trátase doutra iniciativa pioneira en todo o Estado creado hai tres ano, e é o único programa específico deste eido desenvolvido fóra de Institucións Penitenciarias. Ten unha duración de 9 meses e vai destinado a persoas con condenas por tráfico de carácter multirreincidente. Psicovial está impartido por tres psicólogos con formación específica e trabállase con grupos reducidos dun máximo de 12 persoas. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.