1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051215 jusGaliza - Esculca - Máis de cinco anos despois da greve en instalacións deportivas que derivou na condena das pontevedresas T.V. e A. O. o xuiz accedeu aos requerimentos da defensa que solicitara a revisión das penas impostas para acomodalas á nova redaccón do artigo 315.3 do Código Penal, que deixa aberta a posibilidade de substituir a pena por unha sanción de carácter económico.


A nova redacción do artigo 315.3, polo que foron condenadas a tres anos e un día de cárcere, non só reduce a pena mínima por este delito a un ano e nove meses -a máxima é agora de tres anos- senón que, tamén, deixa aberta a posibilidade de que a mesma poida substituírse por unha sanción de carácter económico. Segundo transcendeu onte, nos últimos meses, os representantes legais de A.O. e T.V. solicitarían a revisión das penas impostas para acomodalas á nova realidade do Código Penal.

Pena mínima

Deste xeito, segundo confirmaron fontes xudiciais, accedeuse aos seus requirimentos evitando, deste xeito, que ningunha das pontevedresas teña que pór un pé nun centro penal.  No entanto, non transcendeu aínda se a resolución deste caso leva a imposición dunha pena mínima que non leve o internamento en prisión ou se a condena inicial, como parece ser a posibilidade máis probábel, foi substituída polo pago dunha multa.

As dúas mozas, acusadas de atirar pintura a unhas piscinas públicas en Pontevedra, sempre negaron a súa implicación nos feitos polos que foron condenadas.

Un alivio que aínda está lonxe de satisfacer as pretensións das condenadas

O que non parece mudar son os feitos que, tanto o Xulgado do Penal como a Audiencia de Pontevedra, consideraron como probados. Neste sentido, a sentenza establece que aquel 8 de febreiro do 2010, e no cadro da folga en instalacións deportivas, ambas as pontevedresas formaban parte dun grupo de traballadores que se desprazaron até a piscina de Pontemuíños. O complexo, no que estaban a exercer as súas ocupacións habituais tres socorristas, un recepcionista e catro directivos, estaba aberto.

De acordo coa sentenza, A.O. e T.V., «movidas pola intención de obrigar as persoas que estaban alí traballando a secundar a folga», empurraron o xerente e «comezaron a proferir berros de "esquiroles", á vez que lanzaban pintura de cor vermella e xabón líquido á auga das piscinas e ás bancadas». A pesar de ser isto o que consta nas distintas resolucións xudiciais, o certo é que as dúas mozas sempre se distanciaron destes feitos e rexeitaron de plano calquera participación nos incidentes apuntados.

Movemento social

Tal posicionamento non impediu que lles fosen impostos tres anos e un día de prisión. Esta condena tivo como contrapartida o nacemento dun movemento social sen precedentes en Pontevedra en Internet que consideraba totalmente desproporcionada a condena. Non só se sucederon as mobilizacións esixindo o indulto das dúas pontevedresas, senón que partidos políticos, concellos ou, mesmo, o Parlamento galego aprobaron mocións de apoio a ambas, mentres que, na rede de redes, a plataforma Change.org solicitou o apoio de máis de cen mil internautas -no momento de redactar esta información, un total de 101.144 usuarios asinaran pedindo que o Goberno aplicase a medida de graza-.

Igualmente, a Fiscalía de Pontevedra ou a Audiencia Provincial emitiron informes favorabeis á concesión dun indulto que non chegou polo momento. E iso a pesar de, en varias ocasións, o Ministerio de Xustiza ter deixado entrever que ambas as mozas lograrían a medida de graza por parte do Goberno.

Máis información aquí.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.