1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2015112919083732570Galiza - Sermos Galiza - Conversamos con tres bisnetas de Cándida, unha das Mártires de Sobredo. Son todas irmás: María, Laura e María Carmen Fontán Martínez. Tres mozas de hoxe. Nesta entrevista cóntannos que saben da súa bisavoa.


Conversamos con tres das súas bisnetas, todas irmás, María, Laura e María Carmen Fontán Martínez. Tres mozas de hoxe, María estudou Educación Social na Universidade de Vigo, completou os seus estudos cun máster na Universidade de Santiago de Educación, Xénero e Igualdade, na actualidade é educadora social na Asociación de Axuda a persoas con problema de saúde mental, Avelaíña. Laura atópase realizando o traballo de fin de grao como estudante de Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña. Carme estuda 4º ano de grao en Química na Universidade de Santiago. 

Sobredo é un lugar, unha paisaxe da memoria. Quen vos transmitiu a memoria dos Acontecementos de Sobredo?

 María: - Os acontecementos que ocorreron en Sobredo nos foron transmitidos polo fillo de Cándida, Juan, o noso avó paterno. Eu teño moitos e bos recordos de Juan, o meu avó pero todos os recordos que teño del e con el son de cando xa era moi maior, polo que non puidemos coñecer a historia pola súa boca, Juan morre no ano 2001. Eu das irmás, son a maior, teño 25 anos, Laura ten 23 e Carmen 21.

Os primeiros recordos dos Mártires de Sobredo xorden a raíz dunha conversa co meu pai: neto de Cándida. Falando e recordando situacións da vida dos meus avós. Meu pai cóntame como tiveron que vivir 5 irmáns sen a súa nai. Unha nai que cando a matan está embarazada e defende os seus dereitos e os dos seus veciños por algo que lle chaman "os foros". Entón xorde o tema dos Mártires. Desde esa empezo a interesarme pola temática e, a primeira vez que vou co IES San Paio a recordar eses dous loitadores, e esa loitadora,  teño o pracer de poder tocarlles algunhas pezas coa miña gaita; todo un orgullo e un bo recordo.

Daquela empezamos a interesarnos, a querer saber máis, a buscar pola internet e ler, coñecer, saber que eran os foros, como vivían naquela época, como ocorreron os feitos ... 

Laura: - Imaxino que serían os meus pais os primeiros que me contaron o que lle pasou a miña bisavoa, aínda que non me lembre con exactitude. Pero foi no instituto cando tiña 12 anos que me falaron dos Mártires de Sobredo, o Instituto San Paio, cos outros centros de ensino, celebra cada novembro unha homenaxe os tres falecidos, entre eles atopábase a miña bisavoa. Dende ese momento sempre me interesou saber que era o que pasara ese día.

Cándida era a nai do meu avó por parte de pai. O meus avós paternos faleceron cando eu tiña 7 e 9 anos, co cal nunca lles preguntei nada do acontecido. Por outro lado os meus avós maternos, cos que convivo hoxe en día, eran veciños dos meus avós e coñecían un pouco a historia dos Mártires de Sobredo. Eles foron os que me contaron o sucedido ese día.

Despois cada ano a través de artigos, entrevistas a testemuñas da época informábame máis dos acontecementos de Sobredo. Pero imaxino que en maior medida quen me transmitiu todo foi a miña familia.

 Carme: - Como esta historia data do ano 1922 é unha historia que me foi transmitida polo meu pai e nai, xa que Cándida era a nai do meu avó e o meu avó morreu cando eu tiña tan só 7 anos, así que non me acordo nada do que el dixo sobre este tema.

Nós podiamos preguntar cousas por interese e sobre todo curiosidade cando estaba cerca o día que se celebraban os Mártires de Sobredo, así que o que me foi transmitido da memoria dos acontecementos foi por parte da miña familia directa , meus pais e meus avós maternos, xa que estes últimos eran veciños da miña bisavoa. Tamén polo instituto San Paio, xa que participaba na homenaxe anual con outros centros, para recordarmos o sucedido aquel día de novembro.

En moitos libros de historia, na prensa da época que recolle os feitos, Cándida é unha vítima dunha traxedia que nin tan sequera ten nome, fai referencia a ela, como “unha muller”. Que sabedes vós de Cándida? 

María: - O que sei de Cándida, que era a nai do meu avó, este irmán de outros catro, e que con un total de cinco fillos (catro homes e unha muller) e que estaba embarazada doutro cando ocorreu o tráxico suceso. Tampouco sei moito máis xa que co paso do tempo xa case non se falaba.  

Preguntando souben que os fillos se chamaban, de maior a menor, Luís, Juan (o noso avó), Manolo, Lucinda, Serafín e Cándida. Destes dous últimos todas as persoas ás que preguntei teñen dúbidas de cal era o máis pequeno, xa que morreron novos. Serafín tiña moza cando morreu, polo que non ten descendencia, e de Cándida non teñen moitos datos pero tamén recordan que morreu ou de cría ou de moza (sen descendencia tamén). Sábese, como sempre se di, que estaba embarazada pero non teño datos. Na actualidade, os seis fillos morreron todos. Facendo números e, tendo en conta que a data do acontecido en Sobredo foi no ano 1922, sei que cando Cándida morreu meu avó tiña 11 anos. El nace no ano 1911. Sendo el o segundo, os outros fillos terían menos idade cando aconteceu; polo que aí temos poucos datos... Dinme tamén que Cándida tería sobre trinta e poucos anos cando a mataron. Cóntanme tamén que Cándida Rodríguez González casou o 17 de xuño do ano 1907 con Manuel Fontán Diz. Ela era filla de Juan e María; natural de Paramos e de moi cativa estivo vivindo en Pazos de Reis, en Circos.

Para min, persoalmente, foi unha persoa de referencia en relación aos meus estudos. Eu estudei Educación Social e despois, ao rematar estudei un máster en Compostela: Educación, Xénero e Igualdade. En moitas ocasións acordábame dela, da súa loita e facíame unha idea dese día, de como sufriu e traballou para poder defender o seu. En moitas ocasións, fannos saber que son os homes os que loitaron e foron e son recoñecidos como uns heroes; pero neste caso; nós temos unha heroína. 

Laura.- O que sei da miña bisavoa é máis ben pouco. Sei que cando foi asasinada estaba agardando un meniño, deixando atrás a catro nenos e a unha nena. Imaxino que sería unha muller moi traballadora, como moitas da súa época, con tempo para loitar polos seus dereitos e polos dos seus veciños e coidar de cinco fillos a vez.

O seu recordo está vivo cada 28 de Novembro, no homenaxe anual os Mártires de Sobredo.

Carmen: - O que sei de Cándida, que era a nai do meu avó, este irmán doutros catro, e que con un total de cinco fillos (catro homes e unha muller) e que estaba embarazada doutro cando ocorreu o tráxico suceso. Tampouco sei moito máis xa que co paso do tempo case non se falaba.  

As tres facedes referencia ao acto que organizan os centros de ensino da contorna en que participa o IES San Paio, en que vos estudastes. Podedes valorar a importancia que ten o ensino para aprendermos o próximo, esa historia que non está nos libros, esa historia que é máis que un suceso de feitos, que é a vivida e a transmitida oralmente, a memoria fronte á ditadura?

María:- Considero que, na actualidade, e grazas entre outras ás novas tecnoloxías, estamos envoltos nunha necesidade de utilizar novas ferramentas de estudo e pouco a pouco estamos esquecendo o esencial. Con isto, quero facer una crítica os plans de estudos e, poder levar a cabo outro tipo de ensino; o ensino in situ, onde podemos ver, sentir e percorrer os sucesos ocorridos nun lugar coñecido, próximo. Refírome a outras formas educativas e de igual interese que na aula, cun libro ou unha tableta. Poder espertar os sentidos e saír dese tipo de educación centrada no temario e non no alumnado. Poder coñecer historias reais, vividas preto de nós. 

Fas, María referencia aos teus estudos sobre Xénero, en que medida cres que os aspectos de xénero deben ser tratados de maneira transversal no ensino?

María: - Imos estudar o Homo Sapiens; a súa forma de vivir, de relacionarse, de buscar comida e de supervivencia. Recordemos as ilustracións dos libros. Solo eran homes non si? Que pasa, que non houbo mulleres na historia?

Este é un pequeno exemplo dos centos e centos que temos ao longo da historia, facendo referencia a un libro de texto.

Entre as ideas paleolíticas e a sociedade patriarcal, estamos inmersas nesa historia, onde as mulleres parece que non estivemos... Entón, como é que estamos nós vivas? Onde están esas mulleres que, ao longo da historia foron as que defenderon unha casa, traballaban nela, traballaban fóra, coidaban os animais, coidaban os fillos,...? Quen se lembra delas? 

As mulleres sempre quedamos relegadas a un segundo plano...

Nos libros de historia da literatura, por exemplo, onde están elas? Só había homes escritores? Nos libros de química, só había homes? Pois ben podemos nomear algunha Premio Nobel...

Din que se non está escrito que non ocorreu, que non se estuda.

Creo que desde os mestres, as mestras, os libros de texto, ten que haber un gran cambio. Temos unha necesidade de facer ver, de que saibamos que estamos aquí e que, ao longo da historia, nós, nosoutras, estabamos ao carón dos homes. A historia escribírona os homes, esquecéndose das mulleres.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.