O goberno socialista de Abel Caballero sen razóns para explicar a dilapidación de cartos públicos nunha obra faraónica, non dubidou en empregar a violencia para acalar a mobilización veciñal. O resultado: varias multas, violencia policial e dous procesos xudiciais a dous compañeiros da rotonda. Nestes momentos Diego "agarda xuízo nuns feitos a todas luces argallados dende arriba e co obxectivo de reprimir a protesta" - explican. En previsión disto están a facer actos solidarios para recadar os cartos necesarios para afrontar a multa. Por iso este venres 27 de novembro organizan un CONCERTO SOLIDARIO.
A partires das 21:30 en A Farandula (R/Rogelio Abalde 5 -Vigo) poderase disfrutar da música dos seguintes grupos:
Chacal Malecón - Zicuta - Salvaje - Atlantic Valey - Murdock's Murder
O prezo da entrada son 5 €