1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

DSCN0366Galiza - SDCorunha - Case tres anos máis tarde, Nicanor segue pendente dun xuízo no que se lle acusa de “la provocación de reacciones en el público que alteren o puedan alterar la seguridad ciudadana”. El só acumula máis de 2.700 € en multas polas distintas mobilizacións do noso colectivo nestes tres anos.


Foto do Diário Liberdade - Nicanor, com chapéu e casaco beige à esquerda da fotografia, durante as mobilizaçons polo despejo de Aurélia Rei na Corunha.

O compañeiro de Stop Desafiuzamentos Coruña, Nicanor, afronta o próximo martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor de "la provocación de reacciones en el público que alteren o puedan alterar la seguridad ciudadana”, reclamándolle por isto 600 €". O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ó seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xente, Nicanor e as outras compañeiras multadas do colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que veñen realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos sociais a través da Policía Nacional e demáis organismos estatais de represión.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o compañeiro Nicanor, convocan unha concentración diante do edificio PROA (Matogrande) o próximo martes 13, ás 10:00 h, para "amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.