1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

resized ef50adcc854077b047075b33646dc6a5Galiza - Diário Liberdade - Dia 24 de Outubro as 'Marchas da Dignidade' chegarám à praça do Obradoiro em Compostela "para luitar polo que é nosso, polo direito de ter umha vida digna".


Sete cidades da Galiza terám manifestaçons simultáneas "para mobilizar a cidadania", em voz dos e das convocantes, e para demonstrar a sua "intençom de encher o Obradoiro". Os protestos serám no dia 8 de outubro (quinta-feira) às 20:00 em Vigo, Corunha, Ourense, Lugo, Ponte Vedra e a também na cidade de destino das marchas, Compostela. Em Ferrol haverá mobilizaçom mas será às 18:30.

A legenda para a manifestaçom de apoio no dia 8 é "Caminhando para o Obradoiro", e a reivindicaçom do protesto programado na capital galega mantém-se no ponto comum dos últimos anos de "Pam, trabalho e teito".

Manifesto para dia 24 de outubro

A seguir reproduzimos, na sua ortografia original, o texto de convocatória para dia 24 de outubro:

Toca volver á rúa. As Marchas da Dignidade non paran, non mentres non consigamos recuperar os nosos dereitos, non mentres non haxa unha verdadeira democracia onde o poder económico estea sometido ao poder político, ao poder das persoas. Nada cambiou, so a propaganda do goberno. E mentres nada cambie seguiremos na rúa berrando polo pan, traballo e teito para todas as persoas. As consecuencias da crise seguen a ser nefastas para a clase traballadora, e a presunta recuperación non é máis ca unha mera manipulación dos datos para calcular o PIB. Seguimos a padecer o paro e a precariedade, seguen a botar a xente das súas casas, seguen coas privatizacións do que é público, segue a corrupción, a débeda segue a medrar, tanto como medran as contas das persoas máis ricas.

Repiten unha e outra vez que non hai alternativa, repiten que non queda máis remedio. Minten. Hai alternativa, hai outro xeito de facer política, de distribuir os recursos, de acabar coa inxustiza social. Pero esas alternativas non chegarán se non traballamos conxuntamente para derrotar a un poder económico corrupto, cruel e criminal. As Marchas da Dignidade representan a unidade da loita, da mobilización, da indignación cidadá, e por suposto representan a dignidade dun pobo que non mira para outro lado mentres unha mafia está a roubar os nosos dereitos. Por iso mobilizámonos, por iso estaremos no Obradoiro o 24 de outubro ás 12:00, para loitar polo que é noso, para amosar a nosa dignidade.

O goberno actúa como un lacaio das grandes empresas, da Troika. Non defende os nosos intereses, non traballa para as persoas, so se acordan de nós cando hai eleccións. Xa está ben. Non quedes na casa, non mires para outro lado. Ven con nós a loitar para recuperar o que nos roubaron. Hai solución se hai mobilización. Non valen excusas, non valen matices nas mensaxes para non vir. Estamos nunha situación de emerxencia, e se non traballamos conxuntamente non hai nada que facer. O 24 de outubro ocupemos o Obradoiro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.