1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

190915 povocurdoCurdistám - CIG - A CIG solicita do goberno turco o cese inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas contra a poboación kurda.


Manifesta a súa enérxica condena á represión á que está sometido o pobo kurdo.

A CIG, a través do seu Departamento de Internacional, vén de dirixir un escrito ao embaixador da República de Turquía para manifestar que “condena con toda enerxía a represión á que está sometido” o pobo kudo e solicitar “con firmeza ao goberno turco o ce.se inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas en curso contra a poboación kurda”.

Sr. Don ÖmerÖnhon

Embajador de la República de Turquía

Estimado Sr.

Nos últimos meses, numerosos medios de comunicación de diferentes Países recollen noticias referidas a un progresivo endurecemento da política represiva do Goberno turco cara a poboación kurda en Turquía, Siria e Iraq.

Coa desculpa de combater ao Exército Islámico de Iraq e Siria (ISIS), Turquía está procedendo a un sistemático acoso da poboación civil kurda, ao tempo que intensifica as accións militares contra o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK). Durante o mes de agosto, a aviación turca realizou máis de 500 ataques contra o PKK. Nese mesmo período as accións contra o ISIS, foron unicamente tres. As xustificacións do goberno turco son tan pouco críbeis que mesmo algúns funcionarios de alto rango de Estados Unidos están recoñecendo que a declaración de Turquía de terse unido á loita contra o ISIS foi simplemente unha estrataxema para bombardear o PKK.

Moitos outros feitos poñen de manifesto o reinicio da ofensiva antikurda, algúns dos que salientamos de seguido.

Desde abril deste año, o goberno turco negou todas as visitas, incluíndo as dos seus avogados, a Abdulá Ocalan o líder histórico do PKK. Condenado a cadea perpetua en 1999, confinado nunha cela de 12 metros cadrados nunha prisión da illa Imrali, podería ser o único capaz de pór fin aos enfrontamentos e relanzar o proceso de paz, pero todas as informacións coinciden en valorar con grande preocupación o su crecente illamento. Non está de máis lembrar que o ano pasado, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou a Turquía por tratos "inhumanos" contra o líder kurdo.

O 24 de xullo, Turquía iniciou o bombardeo das posicións kurdas no norte de Iraq, rompendo a tregua iniciada unilateralmente polo PKK no ano 2013 e poñendo fin ás conversas de paz. A ruptura da tregua ten lugar un mes despois das eleccións lexislativas nas que o Partido Democrático dos Pobos (HDP) obtén 80 escanos, superando ol 10% dos votos exixidos para entrar no parlamento, levando por primeira vez representación directa kurda á cámara lexislativa.

A semana pasada, LeylaZana, histórica militante kurda, Premio Sajarov de Dereitos Humanos concedido pola Unión Europea e deputada do HDP no Parlamento turco, iniciou unha folga de fame para presionar a favor do reinicio das negociacións de paz entre o goberno de Turquía e o PKK.

O 4 de setembro, o exército turco iniciou un asedio total á cidade kurda de Cizre. Durante nove días non se permitiu a entrada ou saída de persoas, impedindo tamén o subministro de mercadorías, incluídos os alimentos. O cerco estableceuse co argumento de que se persegue o terrorismo do PKK, cando é notorio que esta organización non opera nesta zona. O asedio, complementado con actuacións da policía no interior da cidade, saldouse coa morte de varias decenas de civís kurdos. Agora que o toque de queda de 24 horas foi levantado, o Ministerio do Interior de Turquía anunciou que Leylaİmret- primeira muller elixida co-alcaldesa de Cizre, co 82% dos votos- será retirada do seu cargo da cidade cercada. Simultaneamente, o Fiscal do Estado iniciou unha investigación contra Leyla por “propaganda dunha organización terrorista” e “incitar á rebelión.”

Fronte á situación que atravesa a comunidade kurda, situación exemplificada nos parágrafos anteriores, a central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), ao tempo que expresa a súa solidariedade co Pobo kurdo e condena con toda enerxía a represión á que está sometido, solicita con firmeza ao goberno turco o cese inmediato de todas as accións militares, policiais e políticas en curso contra a poboación kurda.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.