1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210815 barrasGaliza - Revista Abordagem - Hai un ano que o compañeiro Gabriel Pombo Da Silva foi trasladado ao centro penitenciario de Topas (Salamanca).


Aí continúa resistindo á dura experiencia da privación de liberdade (despois de pasar xa máis de 30 anos trás as reixas), así como aos distintos dispositivos que a administración penitenciaria non para de perfeccionar como mellor convén aos seus intereses e os dos seus patrocinadores.

A prisión de Topas foi creada no marco do programa de construción de 20 macrocárceres promulgados ao inicio dos anos 90 polo goberno do PSOE de Felipe González. Na mesma época, o sinistro e socialista director de Institucións Penitenciarias, Antoni Asunción, introduciu a directiva interna que administraba os réximes FIES.

A prisión de Topas ten pois, as características destas novas fábricas de encarceramento en masa – en España o número de persoas presas dobrouse en 20 anos, pasando a grosso modo de 35.000 en 1991 a 70.000 en 2011.

Un dos criterios desta modernización consistiu en afastar os centros penitenciarios dos núcleos urbanos, o de Topas foi construído en campo raso. Isto responde a varios obxectivos: esconder o máis posible estes lugares de miseria; separar máis aínda as persoas presas dos seus achegados, obrigándoos a percorrer longos quilómetros. Por sorte (!),contrariamente á maior parte dos outros cárceres, Topas encóntrase ao bordo dunha estrada nacional comunicada por unha liña de bus, un «luxo» que permite evitar o castigo colectivo de custosos traxectos ou marcha forzada.

Este afastamento está igualmente destinado a reducir as manifestacións de solidariedade nos barrios como as que puideron existir no pasado, especialmente cando houbo movementos no interior das prisións, así como converter as fugas en extremadamente difíciles.

O programa de novos establecementos penitenciarios veu así a responder ás ondadas de loitas, motíns e fugas que teñen regularmente sacudido as prisións españolas dende os anos 70 ata os 90. Reunindo no seu seo a distintos tipos de reclusión (preventivos, cumprimento, longas condenas etc.), trátase de prisións de máxima seguridade, equipadas entre outras cousas de portas automáticas, sistemas de control informatizados cada vez máis sofisticados e unha multitude de dispositivos de alta tecnoloxía.

O talle e a arquitectura destas prisións, permiten encerrar en cada unha delas máis dun millar de prisioneiros/ás, separándoas segundo o grao das necesidades e das experimentacións da xestión carceraria. En efecto, estas son divididas en distintos edificios autónomos os uns dos outros co seu propio patio, os seus locutorios, o seu economato… Dado que todo tipo de encontros entre os presos/ás dos distintos módulos son coidadosamente evitados, elas non teñen senón uns poucos medios para saber que acontece no resto da reclusión, o que reduce outro tanto as posibilidades de loitas, así como de motíns de certo alcance. Para impedir todo «reagrupamento perigoso» é moi doado mover a un prisioneiro/a dun edificio a outro sen necesidade de recorrer ao traslado a outra prisión – mesmo se a dispersión segue sendo un medio eficaz de castigar os presos/ás e a súa xente próxima.

Despois de cinco traslados dende a súa chegada a España, Gabriel puido xa descubrir 5 módulos internos diferentes en Topas.

Esta organización que reside á vez na masificación e a atomización contribúe así a perseguir a guerra sucia rompendo os lazos de solidariedade ou fomentando rivalidades e problemas nun contexto de miseria afectiva e económica.

Para engadir unha capa máis na penuria e a conseguinte carreira pola supervivencia, o último achado recente de Topas consistiu en inventar unha nova normativa que reduce as posibilidades de envío de peculio a dous ao mes, unicamente efectuados polos familiares ou o avogado.

Paralelamente ao novo modelo arquitectónico, desenvolveuse tamén o concepto moderno de tratamento científico dos prisioneiro/ás. Cobaias modernas, elas son clasificadas segundo unha interminable lista de réximes, graos e fases. Este encadramento que pretende ser extremadamente minucioso, está efectuado por todo un panel de especialistas (os chamados «equipos técnicos» ou «ólogos» como ironiza Gabriel quen rexeita someterse ao seu exame: psicólogos, sociólogos, pedagogos e outros traballadores sociais…) segundo criterios esencialmente comportamentais e disciplinarios. O que leva o suave nome de «tratamento individualizado» equivale a escrutar con lupa o comportamento de cada prisioneiro/a para establecer o seu perfil e o tratamento a aplicalo. En termos menos escollidos, trátase de tocar onde máis doe- sabendo que esta burocracia é ademais determinante para os permisos de saída e a condicional. Todo isto pasa evidentemente pola constitución de enormes bases de datos e por un control moi estreito.

Máis alá dos interrogatorios regulares previstos por estes batallóns de expertos, a vixilancia cotiá está asegurada por distintos medios: o sistema de cámaras omnipresentes e os informes de incidentes distribuídos polos carcereiros son por desgracia a miúdo secundados polo control do resto de presos/ás. Os módulos chamados de «máximo respecto» supostamente de «vida en común» son un exemplo extremo desta co-xestión. Os prisioneiro/ás que entran neles, comprométense por contrato a respectar e a facer respectar ao/ás outro/ás non soamente o regulamento penitenciario, senón tamén, como extra, un código de boa conduta elaborado pola mesma división. Baixo a aparencia de asembleas de balance, el/ás participan activamente no seu propio encerro e no reino do chivateo que ten tendencia a xeneralizarse amplamente, trátase sen dúbida da tan gabada reinserción…

Por suposto, o conxunto do sistema funciona baixo a estratexia do pau e a cenoria: recompensa para aquilo/ás que de distintas formas dan probas da súa boa vontade a ollos da administración penitenciaria, mentres que os réximes pechados, o illamento e a maior parte do FIES están destinados a castigar ao/ás prisioneiras máis «conflitivas» e veñen a ratificar os diagnósticos ou prognósticos de perigosidade social.

O FIES 3 esperaba as compañeiras Francisco e Mónica dende a súa encarceración. Gabriel pola súa banda foi clasificado en FIES 5 mentres se encontraba na Lama, e esta decisión foi renovada varias veces pola administración de Topas. Tamén considerada como rebelde, Noelia Cotelo acaba de chegar á súa vez a Topas, onde foi inmediatamente posta na galería de illamento e segue clasificada enFIES 5. Entre outras medidas especiais, isto implica concretamente que todas as comunicacións escritas ou orais son lidas, fotocopiadas, escoitadas e gravadas e que elas poden ser censuradas baixo criterios bastante vagos de «contido subversivo» ou de «atentado á seguridade ou ao bo funcionamento da prisión». Neste caso, é case a totalidade das publicacións de carácter anarquista destinadas ao compañeiro que son retidas, e mesmo cando estas responden ao criterio obrigatorio e xa selectivo de levar ISBN e pé de imprenta. Por isto el pide que non se engadan as cartas a este tipo de envíos dado que son rexeitados enteiramente. A súa correspondencia está tamén sometida á limitación de enviar como máximo 2 cartas por semana, sen contar cos atrasos ou as desaparicións «inexplicables» de correos, sen dúbida para tapalo a boca e illalo máis aínda.

Ao recurso enviado por Gabriel, o xuíz de vixilancia da rexión contestou confirmando a súa clasificación en FIES, con esta frase que non carece de graza: «resulta dos informes recibidos e do contido das intervencións das comunicacións que se lle veñen facendo dende que se encontra no C.P onde segue mantendo unha loita anarquista e antisistema contra o réxime e as institucións, alentando os seus achegados e os seus amigos á loita,». Isto di moito sobre o que o Estado esixe do compañeiro: renunciar ao que pensa e ao que é; o fustrigamento e o xogo sucio mesmo coa súa data de saída de prisión (os recursos xurídicos están aínda en curso) apuntan sen dúbida a isto e obviamente non o conseguiron.

O funcionamento e a función da prisión véñennos a recordar outra vez máis que esta é o reflexo máis denso da sociedade que a produce e a necesita. Dende o máis baixo ao máis alto dos chanzos, as engrenaxes que aseguran o mantemento das institucións e da orde establecida, necesitan e esixen a submisión do maior número posible. Trátase de romper os individuos e de erradicar as posibilidades de loita. O consentimento pode ser comprado a golpe de puntos positivos e negativos, de fragullas, de drogas legais e ilegais ou intentar ser arrancado pola violencia máis directa, pois todos os medios valen para os poderosos, demócratas ou non.

A «humanización» dos cárceres vendida polo poder e pola propaganda mediática esconde, en realidade, o intento de despersonalización e de desposesión total, tal como a súa pretendida «paz social» que non é nada máis que unha guerra máis ou menos larvar.

Dentro como fóra, son estas engrenaxes os que hai que romper, así como todas as cadeas que nos atan, físicas, psicolóxicas e tecnolóxicas… Só a través da rebelión e a loita poderemos rematar coas relacións baseadas na dominación e cumprir os nosos desexos de liberdade.

Abaixo a sociedade carceraria, o Estado e toda autoridade!

Agosto 2015, anarquistas solidarias.

Para escribir ao compañeiro Gabriel Pombo Da Silva CP Topas– Salamanca Ctra. N-630, Km 31437799 Topas (Salamanca) España


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.