1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

040815 okupaGaliza - Revista Abordagem - Como o oídes, amiguiñxs, o efecto indesexado dun curioso erro de redacción do novo Código Penal rebaixa substancialmente 16 delitos, que pasan automaticamente de ser considerados “menos graves” a aplicarse como “leves”.


Deste xeito, a okupación de viviendas, entre outros delitos afectados, prescribe agora ao ano de cometerse, en lugar de aos cinco anos como ata agora. Este efecto, totalmente indesexado polos redactores do texto lexislativo, afecta directamente a numerosos activistas (e non activistas) en procesos por “ocupación non violenta de inmobles”. Algúns furtos ou a “defraudación da enerxía eléctrica e análogas” (pinchar a luz, falando en román paladino) sufrirían a mesma sorte, pois forman parte, xunto coa okupación, dos 16 delitos afectados pola feliz incidencia. Amargo consolo tras a entrada en vigor do máis represivo código penal que coñeceu esta mal chamada democracia (ou ben chamada democracia, pero democracia de merda á fin e ao cabo).

O erro de redacción causante da disfunción na aplicación do novo Código Penal débese á redacción dun parágrafo do seu Artigo 13.4, que di “cando a pena, pola súa extensión, poida considerarse como leve e como menos grave, o delito se considerará, en todo caso, como leve”, deste xeito, estes delitos aos que se lles fixou unha pena multa de 3 a 6 meses, no canto de “de 3 meses e un día a 6 meses”, pasan a considerarse como leves.

Para que vos fagades unha idea da forma en que isto afecta ao activismo social por estas terras, o proceso contra xs okupantes do emblemático Centro Social coruñés Á Casa dás Atochas, quedaría automaticamente prescrito atendendo á lexislación vixente.

Así que xa sabedes, meus queridxs amigxs do alleo, okupad…okupad… que é que nolo están pedindo a gritos!

O temible burlón


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.