O motivo desta xuntanza foi o de realizar unha presentación da plataforma, dos obxectivos e compromisos, diante da nova corporación municipal. Presentouse a Carta "Declaración de Ferrol como Concello Libre de Desafiuzamentos" que non son máis que propostas do movemento antidesafiuzamentos e de dereito a unha vivenda digna e adecuada ao Concello de Ferrol que faránextensíbeis, nos seus puntos básicos, ao veciño Concello de Narón o vindeiro luns 20 de xullo ás 12 do mediodía e ao resto dos concellos da comarca en sucesivas datas. Todas esas medidas emanaron da Coordinación Galega das plataformas antidefafiuzamentos STOPs e PAHs, que seguro que aínda non son de todo suficientes para garantir o dereito humano a unha vivenda digna, mais da plataforma esperan "que o Concello teña a ben aplicar, tarefa para a que sempre contará coa nosa colaboración".
Por parte dos responsábeis municipais presentaron as propostas sobre desafiuzamentos, vivenda, a loita contra a pobreza e polo benestar socia que ven recollido no seu programa de goberno.
Declaración de Ferrol como Concello Libre de Desafiuzamentos