Foto do Diário Liberdade - Um momento do incrível julgamento que a e os independentistas tivérom que aturar.
As bases xurídicas sobre as que se presenta a demanda son:
1ª) Violación do dereito a un xuízo xusto e con todas as garantías. En particular se denuncia a violación dos art. 5.1 e 6.1 do Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais, artigos que postulan o dereito de toda pessoa a ter un xuizo imparcial. A este respecto cómpre destacar a denegación da prática da pericial da defensa, sendo expulsados da sala os peritos da defensa previamente admitidos.
2ª) Vulneración ao dereito de presunción de inocencia con base nas recentes sentenzas que sobre esta materia ten ditado o TEDH. En concreto, se denuncia a vulneración de este dereito a raíz das presións que o Tribunal (poder lexislativo) recibiu por altas instancias do executivo (Ministro de Interior, Secretario de Seguridade e o Delegado do Goberno en Galicia) nas mesmas datas da vista no sentido de que había que declarar xudicialmente a existencia de un organización armada denominada "RG" e que os procesados tiñan que ser condenados. Especial trascencencia teñen as presións de quen naquela altura era Delegado do Governo en Galicia (Samuel Juárez) pois el mesmo estaba citado a declarar como testemuña. En definitiva, a presunción de inocencia se vulnera cando o poder executivo presiona ao xudicial para que se dite unha concreta sentenza.
En canto ao procedemento da demanda por vulneración de dereitos humanos, indicar:
1º) Que o procedemento se divide en dúas fases:
- A primeira relativa a admisión corresponde a Comisión. Nesta fase se realiza un exame inicial sobre o cumprimento dos requisitos de admisibilidade.
- A segunda, unha vez admitida pola Comisión, é a de axuizamento e deliberación por parte do TEDH.
2º) Que actualmente podemos destacar que a demanda xa está presentada (finais de Maio) agardandose que a mencionada primeira fasese resolva para finais de 2015, principios de 2016; mentres que a segunda fase (axuizamento e deliberación) adoita demorar polo xeral entre 2-3 anos desde a admisión.