1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

090715 coruGaliza - EsCULcA - O pasado 29/06/2015, David Soto Díaz, en nome e representación de EsCULcA rexistrou escrito no Concello da Coruña interesando a derrogación da Ordenanza Municipal de Residuos e Limpeza Viaria por ser utilizada pola Policía Local da cidade para impor sancións a persoas que rebuscan no lixo, unha medida de criminalización da pobreza en opinión do observatorio


Indica David Soto Díaz no escrito que, no cadro do seu trabalho rutineiro de seguimento das actuacións dos diferentes Corpos e Forzas de Seguranza do Estado, EsCULcA observou que na memoria da P.L. da Coruña referida ás actuación de 2013 constan tramitados 19 expedientes sancionadores por manipulación de colectores de lixo . Tamén soubo, por noticias aparecidas en varios medios de comunicación, que en abril de 2014 a P.L. da Coruña denunciara outras sete persoas polos mesmos motivos.

O representante de EsCULca subliña que o observatorio entende que subsumir a busca de comida en colectores de lixo como infracción no incumprimento da prohibición do art. 12 da Ordenanza de Residuos e Limpeza supón unha desnecesaria criminalización da pobreza e exclusión social e afasta a aplicación da norma da finalidade para a que foi prevista (a protección do medio ambiente e a limpeza) introducindo finalidades ou motivacións de control policial de grupos concretos de persoas como se pon de manifesto en declaracións recollidas polos medios de fontes da P.L. e mostra a elevada porcentaxe de persoas de nacionalidade romena afectadas por esta medida.

En opinión de EsCULcA, a aplicación da Ordenanza de Limpeza determina violación de dereitos consagrados no Título I da CE de 1978, en concreto o dereito á dignidade da persoa, á integridade moral e o dereito á non discriminación, polo que xa no seu día formulou queixa perante o Valedor do Pobo e a propia administración local.

Finalmente, solicita David Soto sexa admitido a trámite o escrito e se comunique se o novo Goberno municipal presidido por don Xulio Ferreiro Bahamonde ten pensado derogar a referida disposición (art. 112.3.c) ou modificala, e, neste último caso, informe en que sentido.

Ver aquí o escrito.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.