1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

IMG 2015 07 01 20 10 36Galiza - Stop Despejos Corunha - Apoiando a convocatoria estatal de No Somos Delito, ás 20h do dia 30 de xuño concentráronse unhas 400 persoas de forma pacífica no Obelisco para protestar contra a Lei Mordaza, que dende día 1 de xullo é firme.


Foto de Stop Despejos Corunha - O resultado da atuaçom policial.

A concentración moveuse uns metros para protestar diante da sede da Fundación Abanca dada a presencia alí do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, responsable e representante de boa parte das políticas que atentan contra os nosos dereitos. Nese momento un forte despliegue policial cunha actitude chulesca e violenta, montou un cordón e comezou a ameazar aos compañeiros e compañeiras de que se multaría os e as manifestantes.

Ante a interpelación dun compañeiro pedindo explicacións por estas medidas, o xefe do operativo dixo que non precisaba de identificar, que “yo os conozco a todos y no necesito identificaros”, recoñecendo así as listas de activistas que dende o noso colectivo contra os despexos teñen denunciado. A tensión policial contrastaba co ambiente tranquilo e reivindicativo da protesta.

Tras estar alí un tempo, a manifestación dirixiuse pola rúa Real cara a Subdelegación do Goberno. Ó chegar alí, e antes de poder ler o manifesto, apareceron de novo os antidisturbios e sen mediar palabra comezaron a empurrar á xente, inmobilizaron e retiveron a unha persoa pola forza, retorcéndolle os brazos, baixo a excusa de que “estaba cortando o tráfico”. Cando a xente, alarmada, acudiu a pedir explicacións, non tiveron reparos en aporrear sen ningún tipo de control e ensañándose con algunhas persoas ás que ameazaron previamente con frases do tipo a ti y a ti os tenemos ganas y vamos a ir a por vosotros”. Unha destas compañeiras foi brutalmente agredida tirándoa deliberadamente ó chan e sendo golpeada con crueldade repetidas veces, con o resultado da fotografía que acompaña este artigo.

Nos últimos anos en manifestacións como esta nunca houbo incidentes violentos: unicamente os provocados polos antidisturbios demostrando a súa intención de amedrentar ós colectivos que reivindican os seus dereitos. A nova Lei Mordaza non fai máis que legalizar e sistematizar estas prácticas de abuso de poder. Por todo isto esiximos a dimisión do xefe de operativo responsable destes actos, a do Subdelegado do Goberno e do Delegado do Goberno como responsables políticos directos, e a disolución das unidades antidisturbios como corpo pensado para reprimir a sociedade civil.

De Stop Desafiuzamentos "non nos queremos esquecer de amosar o noso agradecemento a tódalas persoas que non teñen medo. Con ou sen Lei Mordaza imos seguir defendendo os dereitos e liberdades de todas nós".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.