1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

 1080828 1Galiza - SDC/SDO - A acción celebraráse o martes 30 de xuño ás 20.00 horas na praza do Obelisco. A Lei Mordaza pretende criminalizar a protesta con sancións desproporcionadas e absurdas


Foto do Diário Liberdade - Membros da polícia espanhola ameaçantes em um protesto pacífico no Dia da Pátria 2014.

Stop Desafiuzamentos Coruña

Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña únense publicamente á convocatoria estatal contra a entrada en vigor da Lei Mordaza, que será efectiva a partires do día seguinte, 1 de xullo. Por isto, o próximo martes 30 de xuño ás 20.00 horas na praza do Obelisco sumaranse á protesta reivindicando o dereito a expresarense e denunciar publicamente o que consideran inxusto. Para o colectivo esta norma supón un retroceso enorme para os movementos sociais e incide, aínda máis, na criminalización da protesta con sancións desproporcionadas e absurdas.

A mal chamada Ley de Seguridad Ciudadana é un ataque directo en contra das liberdades de expresión e de concentración. Entre outras cousas a normativa prevé que a paralización dun desafiuzamento sexa considerada infracción grave, supoñendo multas entre os 601 e os 30.000 euros a cada un dos participantes por “impedir que os funcionarios públicos exerzan a súa función”.

Tamén está considerada como grave o uso sen permiso de imaxes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, sen que esta lei aplique en sentido inverso, é dicir, que un policía tome unha foto a un manifestante non terá ningunha consecuencia, acto que fan habitualmente en calquer concentración convocada legalmente. Esta medida ten especial incidencia en canto eran esas grabacións de manifestantes as que moitas veces servían para denunciar os sistemáticos abusos de poder por parte da Policía, así como para defenderse ante as acusacións falsas que a miúdo os corpos “de seguridade” do Estado empregan para endurecer a represión.

Tamén se considerará grave protestar dentro dun edificio da administración pública. Estes delictos, que xa non serán faltas, se equiparan á sanción equivalente ao tráfico de armas e moi superiores á intimidación a unha persoa cun arma branca ou contundente, xa que está considerada como falta leve.

É tal a a cantidade de abusos que permite esta nova lei que a mesma ONU pronunciouse en contra dela, así como numerosos medios extranxeiros, e son numerosísimos os colectivos, asociacións, organismos e institucións que amosaron o seu rexeitamento ante esta normativización do autoritarismo.

No que atinxe ó colectivo coruñés, que xa acumula multas por valor de máis de 16.000 € (boa parte delas xa pagadas gracias á solidariedade da xente), unha sanción por simple desobediencia pacífica (base do noso activismo) suporía arriscarse a contraer unha hipoteca de por vida, co irónico que iso resultaría.

Por todos estes motivos desde o colectivo pensamos que a entrada en vigor desta lei é un despropósito en todas as súas as vertentes, que pretende criminalizar aos movementos sociais e obter un afán recadatorio na poboación máis activa coa ameaza implícita que significa “se protestas non chegas a fin de mes”.

Non temos medo! E contamos con que toda a sociedade civil indignada se una a esta convocatoria e que nos acompañe en algo que nos pertence a todo o mundo: o dereito a protestar contra o que nos parece inxusto.

Stop Desafiuzamentos Ourense

Fan un chamamento a toda a sociedade Ourensá a sair a rúa a denunciar a entrada en vigor da LEI REPRESORA, LEI MORDAZA, " LEI DE SEGURIDADE CIUDADANA ".

"QUE O NOSO SILENCIO NON NOS FAGA COMPLICES!"

12:00h DA MAÑÁ:
(procúrase chegar un pouco antes).
Concentración en ABANCA sucursal Pena Trevinca nº22.

20:30h DA TARDE:

Manifestación saída da Subdelegación do Goberno, seguirase rúa do Paseo, Lamas Carvajal e rematarase na Praza Maior.

Ás 00:00 horas do próximo mércores 1 de xullo de 2015 entrarán en vigor a Reforma do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, popularmente coñecida como Lei Mordaza, leis que sancionan, prohiben e criminalizan prácticas tan normalizadas como parar un desafiuzamento ou asistir a unha persoa sen papeis. Leis que castigan a pobreza, a solidariedade e a protesta.

Fano en nome da seguridade cidadá, pero son a resposta dos que senten calquera iniciativa social como unha ameaza aos seus privilexios. Emanan da súa incapacidade para vivir con alegría o espertar da xente, a toma de rúas, a defensa de dereitos laborais ou o uso de prazas como espazo de reflexión colectiva. Non entran en vigor para garantir a seguridade cidadá senón para converter en lei o seu temor, o medo que os esperta o desexo de democracia. Por iso deféndense atacando.

Nos últimos meses, a súa aprobación espertou a preocupación e o rexeitamento dunha ampla maioría social, o que supuxo que organismos nacionais e internacionais como as Nacións Unidas ou o Comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa as critiquen duramente. O último foi o Tribunal Constitucional, que admitiu a trámite un recurso de inconstitucionalidade.

Non obstante somos as persoas que defendemos diariamente o dereito á vivenda, as que cremos no dereito á información libre, as que tomamos a rúa reclamando educación pública e sanidade universal, as que non temos papeis, as que sufrimos as consecuencias dun emprego precario ou os que simplemente vemos no desexo de democracia e a organización espontánea da xente un motivo de celebración, as que temos o verdadeiro poder de cambiar as cousas. Por iso, unha vez esgotadas todas as vías posibles, só nos queda unha alternativa: a de
NON CONSENTIR , A DE NON REFRENDAR AS SÚAS LEIS CO NOSO SILENCIO.

Así, a falta de poucos días para a súa entrada en vigor, de Stop Desafiuzamentos Ourense posiciónanse desobedecendo activamente a estas leis inxustas e animan a sumarse, a difundir entre os círculos e redes, a mostrar o rexeitamento e a manifestar sen temor que estas leis tamén afectan a todas e todos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.