1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

800px Centro penitenciario da LamaGaliza - Esculca - Organizacións civís dubidan que se cumpra o procedemento para as persoas internas en centros penais poderen votar. “O Código Penal non ostenta a posibilidade de inhabilitar para o sufraxio activo, aínda que si para o pasivo”, explica Paz Francés, de Salhaketa. “O Estado ten actitude de indiferenza cara a este dereito, como cara a outrostantos”, afirma Aguilar, da ApDHA.


Foto de Estevoaei (licença de documentaçom livre de GNU, versom 1.2) - A Cadeia da Lama

O ingreso dunha persoa nun centro penal do Estado español non é motivo suficiente para denegarlle o dereito ao voto. Así o establece a CE vixente, que no seu artigo 25.2 afirma que “o condenado a pena de prisión que estiver a cumprir a mesma gozará dos dereitos fundamentais deste Capítulo”, en que se encontra o dereito ao sufraxio activo e pasivo. Inclusive a LGP decreta no seu artigo 3.1 que “os internos poderán exercitar os dereitos civís, políticos, sociais, económicos e culturais, sen exclusión do dereito ao sufraxio”.

Paz Francés Lecumberri, avogada e membro do colectivo Salhaketa, explica a Diagonal que “o Código Penal actual non ostenta a posibilidade de inhabilitar para o sufraxio activo [votar], aínda que si para o sufraxio pasivo [presentarse como candidato]”. Un dos grupos de persoas presas ás que nega o exercicio do dereito a voto son aquelas que “están inhabilitadas, mais non polo contido do fallo condenatorio, senón pola apertura dun proceso por vía civil de incapacidade, ou ben porque continúan estando condenadas polo CP/1973 e non a súa sentenza non foi revisada”, sinala Francés. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña xa recoñeceu en 2007 o dereito a votar dun recluso do cárcere de Quatre Camins. O director deste centro penal tentou impedir que Ricardo C.R. votase por correo nas eleccións ao Parlament de Catalunya celebradas en novembro de 2006 alegando que na súa condena se contemplaba a inhabilitación absoluta. O alto tribunal sentenciou que esta inhabilitación, aínda que impediría ao recluso presentarse como candidato, non lle negaba o dereito a votar.

Os outros presos á marxe dos procesos electorais son os estranxeiros, que supoñen case a terceira parte das 65.342 persoas internas nos cárceres españois a febreiro de 2015, últimas cifras recollidas polo INE.

Con todo, a participación nos procesos electorais por parte das persoas presas é moi minoritaria. Nas últimas eleccións xerais, en 2011, só 3.681 persoas recluídas solicitaron exercer o dereito ao sufraxio activo. Nas municipais e autonómicas dese ano, a cifra foi aínda menor, 2.225, o que se traduce nun 3% dos ao redor de 74.000 reclusos que se contaban en maio dese ano, segundo os datos de Institucións Penais. “Hai moita xente que non vota porque considera que estas votacións son unha farsa e unha maneira de perpetuar o sistema”, afirma Carmen López Anguita, que estivo privada de liberdade durante 29 anos. Desde a Federación de Grupos da Cruz Negra Anarquista sinalan na mesma dirección: “Ás persoas presas pobres, que son a maioría, denégase toda clase de dereitos, até o da vida. Quizais o último que desexen sexa votar á mafia política”.

TEORÍA E PRÁCTICA

O proceso deseñado para que as persoas presas poidan exercer o dereito a votar comeza con campañas informativas nos centros penais acerca do voto por correo, que se acompañan de sesións explicativas. Posteriormente, o director de cada prisión solicita á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos que un funcionario vaia ao cárcere para inscribir no censo toda persoa reclusa que o desexar, ou para modificar algún dos seus datos. Por último, a Oficina do Censo Electoral ten a obrigación de remitir sobres e papeletas ás prisións que o solicitaren. Estas son entregadas en man polo funcionario de Correos ás persoas encarceradas para estas completaren o proceso. Este funcionario será o encarregado de entregar todos os sobres nas mesas electorais que correspondan a cada un dos reclusos durante o día das eleccións. Con todo, se na práctica o proceso se leva a cabo é xa máis difícil de comprobar. “Non se sabe se se cumpre a norma en materia de facilitar o voto en prisión. Intúo que non. Dubido que se faciliten os medios previstos na lei cando polo xeral o cumprimento e a garantía dos dereitos fundamentais das persoas presas son vulnerados de maneira sistemática”, declara Francés, quen sinala que tampouco hai información disponibel a respecto das medidas de control sobre as papeletas das persoas presas, nin sequera estudos sobre a participación das persoas presas nas eleccións, máis aló dos xa citados datos sobre os comicios de 2011 de Institucións Penais.

 “A falta de interese neste tema explica que haxa tan poucos datos”, conclúe. Desde a Plataforma Pro Dereitos Humanos de Andalucía, Valentín Aguilar opina na mesma liña. “O Estado ten unha actitude de indiferenza cara a este dereito, como cara a tantos outros dereitos”, comenta Aguilar, quen engade que, aínda que en teoría deberían facerse campañas informativas sobre o voto por correo nos centros penais, “na práctica non sabemos se se fan, intuímos que non”.

E SER VOTADO

O número de condenas que inclúen a inhabilitación para presentarse como candidato son “ínfimas”, explica Aguilar. “Os datos de 2013 do INE establecen que só un de cada mil condenados o foron a inhabilitación absoluta e un 0,2 de cada mil con inhabilitación especial para emprego ou cargo público”, sostén.

A última reforma do CP aprobada, que entrará en vigor o 1 de xullo, intensifica o castigo de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo para delitos de suborno, prevaricación e outros relacionados coa corrupción durante un período de até 10 anos de cárcere.

 CANDIDATOS E CUMPRINDO CONDENA

Arnaldo Otegi, que actualmente continúa en prisión cumprindo unha condena de 6 anos polo caso Bateragune “reconstrución de Batasuna”, foi elixido secretario xeral de Sortu, cargo que a formación manterá na práctica vacante até o político vasco sair de prisión. No outro extremo, Mario Conde, condenado a 20 anos de cárcere por estafa e apropiación indebida no marco do caso Banesto, presentouse como candidato ao Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.