As Xornadas Anti-Represivas xorden como un proxecto entre xente de diferentes colectivos e movementos. Como resposta perante a necesidade de divulgarmos as formas de represión (vellas e novas) que, a día de hoxe, ameazan as liberdades do pobo. Precisamos, logo, de ferramentas para as combater con éxito, pois onde hai loita hai esperanza, mais tamén pontos de represión que habemos superar tecendo redes de apoio. + info.
Atividades
1. Charla ‘A Tortura como Negocio’ a cargo de Santi Cobos, 22 anos preso en réxime FIES (4 de xunho, 20 horas, Lusco e Fusco). Ampliar aquí
2. Obradoiro de Seguranza Informática (10 e 11 de xunho, 19:30 horas, Bar Grándola)
+Atividades
Para conseguir o material didáctico a utilizar nos obradoiros de Seguranza informática e de Efectos psico-sociais da represión podedes dirixir-vos ao e-mail xornadasantirepresivas@riseup.net, así como para trasladar calquer outra inquedanza.