1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

DSC 0493.redimensionado 1024x682Galiza - ContraMINAcción - O vindeiro 7 de maio terá lugar no xulgado número 13 de Vigo a vista oral da demanda iniciada por Cementos Cosmos contra o veciño de Triacastela Marcos Celeiro, por suposto atentado contra o honor da empresa. Marcos Celeiro oponse xunto á veciñanza de Triacastela á mina a ceo aberto de Cementos Cosmos.


Foto de ContraMINAcción - Marcos Celeiro explica a sua situaçom.

De ContraMINAcción explican que "o xoves que vén non se xulga a Marcos Celeiro. Xúlgase, sobre todo, o dereito das persoas e das comunidades a se mobilizaren para defender o que é seu: a súa terra, o seu patrimonio natural, o seu futuro. Xúlgase o dereito, o de toda a cidadanía, a denunciar en voz alta e publicamente as irregularidades que as empresas cometen no seu afán desmedido de explotación dos recursos e das persoas. Xúlganse, en fin, as máis básicas liberdades democráticas, esas que a nosa administración ten a obriga de garantir. E non de perseguir. Porque o exercicio da liberdade de expresión é un dereito, non un delito".

Os motivos que Cementos Cosmos, pertencente á multinacional Votorantim, esgrime para a demanda, son o de ter denunciado Marcos nas redes sociais (Facebook, Twitter, Youtube) as irregularidades cometidas pola empresa. Esas irregularidades veñen sendo recollidas ao longo do tempo por distintos medios de comunicación. Nalgúns casos, a denuncia da irregularidade ía acompañada de vídeos nos que se podía "comprobar a veracidade dos feitos denunciados".

"Desde ContraMINAcción pensan que o obxectivo desta demanda de Cosmos contra o seu compañeiro Marcos non é outro que amedrentar ás persoas que se opoñen á súa actividade, ao tempo que criminalizar a loita dos colectivos que denunciamos as súas irregularidades", declara Nela Abella, de Verdegaia.

Cementos Cosmos ten un longo historial de denuncias desde distintos colectivos, polas súas malas prácticas na explotación. Entre outras cousas, denuncian, está a poñer en risco o patrimonio arqueolóxico coa súa actividade, diante da pasividade da administración. Son moitos os colectivos que denuncian a afección que, a causa da actividade da empresa, está a sufrir unha das maiores xoias do noso patrimonio cultural, a Cova de Eirós: "Mentres as nosas denuncias caen en saco roto, a demanda inxustificada da empresa contra o noso compañeiro continúa o seu curso".

ContraMINAcción denuncia que desde a empresa e con esta demanda, quere reducirse a loita de distintos colectivos a unha cuestión persoal e anecdótica, a un suposto capricho de Marcos Celeiro en contra da empresa. Así, ao tempo que se criminaliza a loita cidadá e se trata de paralizar a mesma mediante a busca dun castigo exemplarizante e a todas luces inxustificado contra unha das cabezas visibles da mesma, preténdese minimizar a oposición veciñal, tratando de facer ver á opinión pública que só se trata dunha arroutada persoal aquilo que é en realidade unha loita colectiva dunha comunidade polo seu territorio.

"En lugar de levar a un xuízo longo e desgastante a un cidadán de a pé como Marcos Celeiro, Cementos Cosmos debería presentar publicamente toda a documentación que aínda non facilitou, comprobar que ten ao día todos os seus permisos, e vixiar que a súa explotación cumpra toda a normativa vixente", afirma Lupe Rodríguez, de Salva la Selva.

Porque non queren renunciar aos seus dereitos civís, porque non queren que lles rouben a súa voz a base de demandas dos poderosos, desde ContraMINAcción queren berrar forte e alto que hoxe e aquí "nós tamén somos Marcos Celeiro".

"omos Marcos", e o vindeiro xoves estarán con el diante do xulgado de Vigo, desde as 9 e media ata as 11, nunha concentración pacífica de apoio ao seu compañeiro, na que animan a participar: "Non nos resignamos a que a lei sexa a lei do máis forte. Nin nos van calar, nin nos van parar".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.