1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cartazfeiraweb.redimensionadoGaliza - Revista Abordagem - Colamos esta información recibida das compas de A Coruña que están a argallar esta iniciativa solidaria, da que xa hai o precedente exitoso do ano pasado en Ourense.


Nesta entrada colamos o seu folleto onde explican, moi clariñamente, os entresixos desta iniciativa à que desexamoslle muitísimo éxito. E iremos incluíndo nos comentarios deste apartado especial do noso blogue, as diferentes convocatórias semanais.

PRESENTÁMONOS

Somos un grupo de persoas diversas con diferentes experiencias e utopías. Compartimos a idea de visibilizar o silencio do cárcere. Propomos que a xustiza que reclaman as prisións para xustificar a súa existencia é falsa, incoherente e manipuladora. Nós queremos a solidariedade non o castigo.

QUE SON AS XORNADAS DE VISIBILIZACION DA REALIDADE CARCELARIA?

Un proxecto solidario coas persoas privadas de liberdade que percorrerá varios lugares da cidade da Corunha para recortar a distancia entre dentro e fóra.

Semanalmente poderás visitar a exposición "A Arte como Arma", integrada por libros, poemas, e debuxos realizados por presxs. E os outros puntos que compoñen a feira: punto de recollida de material, espazo para cartearte coas persoas presas, biblioteca con material escrito dentro e fóra do cárcere.

POR QUE?

Porque pensamos que as prisións crean impotencia e reforzan a desesperación. Non dan solución aos problemas sociais senon que causan máis miseria ao tempo que enriquecen a quen as controlan. Porque non confiamos nos seus programas de reinserción e reeducación e moito menos nas súas necesidades para o castigo e a tortura. Porque queremos unha realidade baseada no apoio mútuo, unha resposta a soidade e ao aillamento dos muros.

PARA QUE?

Para visibilizar a realidade dxs presxs a través das súas voces. Para botar unha man ante as necesidades que xeran a reclusión e a marxinalización. Achegar a realidade deste dispositivo de control e punición nun momento no que a represión aos movementos sociais e a criminalización da pobreza e da solidariedade son evidentes.

ACHÉGATE!

Xuntámonos durante o mes de marzo en diferentes bares da Corunha.

Achégate para coñecer a realidade das cadeas. Achégate para escribirlles, para colaborar traendo selos, sobres, roupa, calzado ou materiais de lectura que podan precisar as persoas presas.

Escríbenos se queres compartir as túas experiencias.

Participa se queres axudar a construir este proxecto.

CONTACTO: gzsolidaria@riseup.net

PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL
A SOLIDARIEDADE COMO ARMA

Que os cárceres están cheos de xente pobre é unha obviedade que a case ninguén escapa. As prisións agravan e cronifican ata límites insospeitados esta condición. Partindo desta premisa nace este proxecto: recoller distintos materiais doados por xente solidaria no exterior que axude a combatir, na medida do posible, esta indixencia, extendendo os lazos de solidariedade e abrindo unha porta ao exterior.

Non entendemos está iniciativa como unha "obra de caridade" senón como unha acción solidaria constante e combativa, contra os cárceres, o negocio e a pobreza que enmascaran e a desesperación que xeneran. Por isto cada material que logre cruzar os muros da prisión irá identificado cun logo diseñado especialmente para este proxecto, para reivindicar todas as vidas roubadas polo encerro.

QUE MATERIAIS SE PODEN ACHEGAR?

– ROUPA E CALZADO: preferiblemente de abrigo, os cárceres de Galicia son fríos e húmidos, e roupa interior, pois na prisión danche un calzón ou unha braga e ahí te apañes...
– MATERIAL DE LECTURA: a literatura e a información de actualidade axuda ás persoas presas a afastarse do monótono e lento paso do tempo, e a conectar co exterior. Para poder metelos dentro han de ter depósito legal. Se che apetece personaliza o material.
– PAPEL, SOBRES E SELOS: As cartas son en prisión a principal ferramenta de comunicación ca familia, cxs amigxs. E para defenderse a si mesmas dos abusos da institución e carceleiros, contactando con abogados, asociacións e solidarixs.
– DIÑEIRO: a maioría de cousas que poden precisarse no cárcere só poden comprarse dentro, pois doutro xeito as empresas que detentan o monopolio de suministro ás prisións non farían negocio. Así artigos básicos como comida medianamente decente e tarxetas telefónicas só se poden adquirir no economato, pagando.

ONDE DEIXAR O MATERIAL?

Durante o mes de marzo nos bares onde se instalará a feira "libre, libre quero ser".

• Bar A Maleta: do 2 ao 7 de marzo
• A Taberna de Pou: do 9 ao 14 de marzo
• Villatuerto: do 17 ao 22 de marzo
• A Reserva: do 23 ao 28 de marzo

Tamén poderás atoparnos os días 3, 4 e 5 de marzo na universidade (Facultade de Socioloxía, Ciencias da Educación e Dereito) e o 3 de abril no bar A Maleta, no peche da feira. Se non podes ou prefires aportar material en calquera outro momento faino escribindo a gzsolidaria@riseup.net
PORQUE LIBRE LIBRE QUERO SER!
FAGAMOS DA SOLIDARIEDADE UNHA REALIDADE


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.