1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2765980311 9e6c6789bf zGaliza - Esculca - Contra persoas que buscan comida no lixo.


Foto de Elentir (CC by-sa/2.0/)

No pasado 30 de marzo, EsCULcA entregou no rexistro do Valedor do Pobo queixa sobre a actuación da P.L. da Coruña contra as persoas que recollen comida e outros obxectos nos colectores do lixo e ás que se abre expediente sancionador ao abrigo da Ordenanza Municipal de Residuos e Limpeza Viaria (art. 112.3 c). Entende EsCULcA que se trata dunha medida criminalizadora da pobreza.

No cadro do seu trabalho rutineiro de seguimento das actuacións dos diferentes Corpos e Forzas de Seguranza do Estado, EsCULcA observou que na memoria da P.L. da Coruña referida ás actuación de 2013 constan tramitados 19 expedientes sancionadores por manipulación de colectores de lixo. Unha medida que na práctica se aplica só a persoas que procuran comida por este medio.

Tamén soubo o Observatorio que estas actuación non se limitaron ao ano 2013. Por noticias aparecidas en varios medios de comunicación, coñecemos, por exemplo, que en abril de 2014 a P.L. da Coruña denunciou outras sete persoas por supostamente remexeren nos caixotes do lixo, con toda probabilidade tamén en busca de comida, e que en agosto dese mesmo ano o número de persoas denunciadas (todas elas “indixentes” segundo a clasificación da P.L.) ascendía xa a 50. A maioria delas (33), de nacionalidade romena.

Como sublinha Fernando Blanco no seu escrito ao Valedor, EsCULcA entende que subsumir a busca de comida en colectores de lixo como infracción no incumprimento da prohibición do art. 12 da Ordenanza de Residuos e Limpeza supón unha desnecesaria criminalización da pobreza e exclusión social e afasta a aplicación da norma da finalidade para a que foi prevista (a protección do medio ambiente e a limpeza) introducindo finalidades ou motivacións de control policial de grupos concretos de persoas como se pon de manifesto en declaracións recollidas polos medios de fontes da P.L. e mostra a elevada porcentaxe de persoas de nacionalidade romena afectadas por esta medida.

Se o que se pretende é sancionar aquelas persoas que verten residuos pode recorrerse a outros preceptos, argumenta F. Blanco, mais esta norma produce o efecto perverso de sancionar a pobreza cunha finalidade allea á defensa do medio ambiente e a limpeza.

Estima o Observatorio que a aplicación da Ordenanza de Limpeza determina violación de dereitos consagrados no Título I da CE de 1978, en concreto o dereito á dignidade da persoa, á integridade moral e o dereito á non discriminación, polo que se reclama a incoación de expediente de queixa e se insta o Valedor a propor as medidas necesarias a fin de evitar que a aplicación desta norma persiga fins diferentes dos previstos na ordenanza, evitándose que se produzan efectos discriminatorios.

Ver o escrito de Esculca aquí.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.