1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

16125612689 41e157533b zGaliza - AAC - A Asemblea Aberta de Coia achega un comunicado de apoio aos detidos na loita en contra da instalación dun barco na rotonda de Coia apoiado por numerosos colectivos do Estado español.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Manifestaçom em Coia em janeiro deste ano.

Colectivos, sindicatos, organizacións... entre os que se atopan nomes tan coñecidos como a xente de Gamonal, San Carlos Borromeo, Stop Desafiuzamentos Coruña, Imán... Preto de 70 sinaturas de apoio, ás que hai que engadir as de centos de persoas que tamén seguen a nosa loita polos dereitos sociais con especial agarimo. Seguimos na procura de apoios polo que esta lista en breve quedará pequena.

"Pedimos á vosa axuda nesta loita que Abel Caballero e o seu goberno está a reprimir con man dura, espallar o comunicado para nós é moita axuda" - din no colectivo vigués.

Comunicado de apoio ás compañeiras detidas en Coia (Vigo)

Os colectivos que asinamos este comunicado condenamos o aumento da represión nas protestas sociais e amosamos, de xeito público, o noso apoio a unha loita fortemente reprimida por parte de Abel Caballero e do seu goberno que non dubidou en empregar á policía local en contra da veciñanza.

Por todo isto, queremos amosar o noso total apoio ás compañeiras detidas no barrio de Coia en Vigo por defender os dereitos sociais e o noso total rexeitamento ás políticas de represión exercidas neste caso e noutros de todo o estado español.

As veciñas de Coia (Vigo) levan dende o 4 de decembro tratando de impedir a instalación dun barco nunha rotonda no barrio que supón un gasto inxustificado e inmoral nunha cidade na que, como no resto do estado, a xente malvive nos barrios mentres ve proliferar no seu contorno obras faraónicas.

Abel Caballero, alcalde do PSOE de Vigo, puxo todo o seu empeño en criminalizar a protesta veciñal, empregando medios de comunicación afíns como altofalantes das súas falacias e terxiversacións. Ademais, co fin de acalar a protesta e violentar á veciñanza, non tivo o menor reparo en empregar a policía local como instrumento represor ao seu servizo: tres detencións arbitrarias e inxustificadas (S., Xurxo e Diego; este último membro da ODS-Coia e de Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social), vinte e cinco persoas con supostos cargos perante a Fiscalía, numerosas multas,...

Mentres dirixentes e partidos políticos maniféstanse a favor da liberdade de expresión co gallo do atentado terrorista de París, a escalada de represión e criminalización da protesta social segue en aumento no estado español.

As loitas de pobos e barrios, así como as do sindicalismo combativo e de clase, están a ser duramente reprimidas por empresas e institucións públicas, a través das súas forzas de represión policiais, a xudicatura e unhas leis que, cada vez máis, póñense ao servizo dos intereses do capital e das oligarquías dominantes. O recente caso de Alfon, condenado a 4 anos de cadea pola súa participación na folga xeral do 14N no 2012 tras un xuízo cheo de irregularidades, súmase a unha longa lista de activistas condenadas pola súa militancia. É unha ofensiva en toda regra contra a lei de folga, o dereito de manifestación e de reunión e as leis que garanten a liberdade de expresión.

A vindeira aprobación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza, é un chanzo máis no entramado legal que se está a elaborar para silenciar a disidencia ideolóxica e reprimir a protesta social, sinal inequívoca da debilidade dun sistema que, a falta de argumentos e ante o incremento da contestación cidadá, unicamente sabe responder coa represión.

Reiteramos a nosa solidariedade cos detidos. As loitas das xentes de Coia son as nosas loitas.

Se nos tocan a unha, tócannos a todas!

A Ría Non Se Vende

Acción Verapaz

Ambilokwoi Futebol Gaélico Mixto

Anova-Irmandade Nacionalista

Asamblea Canaria por el Reparto de La Riqueza (ACRR)

Asamblea intercorralas de Málaga

Asamblea de Gamonal (Burgos)

Asdecoba (Salamanca)

Asemblea de Movementos Sociais de Vigo

Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE (Xixón)

Asociación de Vecin@s Santiago de Nuevo Gijón, Perchera y la Braña...

Asociación Kanguras, criando en brazos (Galiza)

Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social

Berri-Otxoak, Plataforma Contra la Exclusión Social y Por los Derechos Sociales (Euskadi)

BNG

CaMot (Xàtiva)

Campamento Dignidad Mérida

Ceivar, Organismo Popular Anti-repressivo

Centro Social Okupado Taucho (Canarias)

CIG

CNT (Vigo)

Colectivo IMAN (Galiza)

Comités

Confederación General del Trabajo (CGT)

Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega

Coordinadora de Barrios (Madrid)

Coordinadora de Crentes Galegos

Comité Oscar Romero

Comunidad Parroquial de San Atanasio de Madrid

Cova dos Ratos

CP San Carlos Borromeo

Distrito 9

Entremos na Panificadora

Erletxea (Irún)

Esculca - Direitos e liberdades

Espacio Sociocultural La Casa (Canarias)

Espazo Aberto Antimilitar (Galiza)

Esquerda Unida

Foro Galego de Inmigración

Galiza Contrainfo

Galiza Nova

G.A.S. (Galiza)

Grupo Andarivel de Cantabria

Inclusión Activa Boa Vida (Galiza)

Isca!

Liga Estudiantil Galega

Marea roja Alacant

MLP (Movemento Loita Popular) Coruña

Movemento Cidadán “O noso barrio”

No somos delito Alacant

ODS-Coia (Galiza)

Parroquia Cristo da Vitoria (Galiza)

Parroquia de Santa María de Nazaret en el Barrio de Buenos Aires (Salamanca)

Piratas de Galicia

Radio Pimienta (Canarias)

Rede Sementes Galega

Redes Cristiás

Stop desafiuzamentos Coruña

Toma la Plaza Alacant

Vangarda Obreira Coruña

Verdegaia

Zambra Cuenca

Zambra Málaga

15M Monte Alto (Galiza)

Vigo, 14 de febreiro de 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.