1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

mardelumesGaliza - Mar de Lumes - O Estado español continúa coa súa estratexia de represión aos movementos sociais e políticos disidentes e onte, por medio da Fiscalía da Audiencia Nacional, fixo pública a petición de prisión para cinco activistas da organización internacionalista basca Askapena, así como da ilegalización desta e doutras organizacións do tecido social basco após unhas redadas indiscriminadas practicadas en 2010, aducindo ser contra a contorna da ETA.


O tribunal de excepción español repite o argumento de "todo é ETA" que xa tentou aplicar en macroprocesos como os xuízos contra Egunkaria ou Udalbiltza, finalmente sen éxito; e propón a existencia dun Grupo de Traballo Internacional dirixido por ETA e Batasuna e no que terían presenza todas as organizacións patrióticas bascas con proxección internacional, como Askapena. Unha existencia que, sen que poida ser comprobada, explicita a criminalización da solidariedade e do internacionalismo e prohibe os povos relacionárense entre si cando sexa para perseguiren obxectivos distintos aos do centralismo español.

Askpena leva desde 1987 traballando no ámbito do internacionalismo e difundido no exterior e apoiando as loitas do povo basco pola súa liberación nacional e organizando dentro de Euskal Herria a solidariedade co resto de povos do mundo. E faino a través de charlas, palestras, entrevistas, concentracións, seminarios e congresos e brigadas internacionalistas.

Retorcendo a realidade e considerando delitivas estas actividades internacionalistas, a Fiscalía da Audiencia Nacional española pede agora, 5 anos despois daquelas detencións, penas de prisión de 6 anos para Walter Wendelin, Gabi Basañez, David Soto, Aritz Ganboa e Unai Vázquez, e propón a ilegalización de Askapena, da comparsa Bilbo Askapeña, e dos colectivos Herriak Aske e Elkar Truke.

Desde Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, expresamos con toda clareza o noso desprezo diante deste novo ataque contra as organizacións patrióticas bascas e a solidariedade activa coas persoas e organizacións afectadas. Mais non queremos facelo só polo feito en si do ataque, senón póndoo en relación indisociábel co resto de accións represivas que nos últimos tempos se seguiron contra Segi e a mocidade basca, contra Herrira, Sare e a solidariedade coas presas e presos ou contra multitude de herriko tabernas, e que, pola súa vez, son o corolario de toda a estratexia española de provocación constante as organizacións patrióticas bascas e de negación do proceso de paz en Euskal Herria.

Galiza-Euskal Herria, solidariedade!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.