1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120215 placaGaliza - Revista Abordagem - Se alguén (incauta) aínda tiña confianza en que as normativas e leis aprobadas se aplican a todas por igual, temos acá un caso (dos muitos que hai todolos días) onde se demonstra que, para algunha (a)xente, estes regulamentos son papel mollado con consentimento e aprobación dos seus chefes políticos, policiais e/ou militares.


Así recollemos da web de Esculca esta súa noticia onde, este Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, fai constancia de como a Dirección Xeral da Policía lles notificou agora que xá hai un ano que decidiran arquivar a denuncia contra un axente que se negara a mostrar a sua placa de identificación persoal a unha cidadá en febreiro de 2013, sob a escusa de que xa se pasara tempo dabondo e que xá prescribiran as eventuais faltas leves (Toma Chularía!!).

E iso pese às múltiples queixas, mesmo ao valedor do pobo, pese as numerosas testemuñas que certificaban tal actitude e pese a existencia deste video onde se proba a negativa do axente a identificarse:

 

Con data 02/02/2015, Raúl Sanz Ruiz, Xefe de Sección da Dirección Xeral da Policía, División de Persoal, Unidade de Rexime Disciplinar, notificou a Fernando Blanco Arce, Presidente de EsCULcA o arquivo da denuncia presentada polo noso observatorio en febreiro de 2013 contra un axente da PN que se negou a mostrar a sua placa de identificación persoal a unha cidadá.

A razón alegada polo Sr. Sanz Ruiz para xustificar o arquivo da Información Reservada núm. 4/2013, aberta para esclarecer o incidente denunciado hai dous anos, é "estaren prescritas as eventuais faltas leves que poderían ser obxecto de imputación".

Os feitos obxecto da denuncia aconteceron o 26 de febreiro de 2013 nas protestas que tiveron lugar diante da Cámara galega, cando un policía identificou e ameazou con sancionar unha moza que demandou ver o seu número de identificación, que o axente non exhibía na uniformidade como prescribe a lei. Esta actuación irregular provocou no seu día a presentación de varias denuncias, entre elas a de EsCULcA, e diversas queixas xunto de diferentes organismos. Unha delas xunto do Valedor do Pobo, que pouco tempo antes mostrara, en reunión con representantes do noso Observatorio, a súa predisposción a adoptar unha posición activa na defensa de dereitos fundamentais, nomeadamente dos dereitos de reunión e manifestación.

Ora ben, a pesar desta boa disposición, a pesar das numerosas denuncias e queixas presentadas, a pesar da existencia e difusión pública do vídeo en que se aprecia a negativa do axente a identificarse e a súa actitude intimidatoria, a pesar de varias testemuñas presenciais teren confirmado a irregularidade da actuación do policial, hai un ano (maio de 2014) a Unidade de Réxime Disciplinar da División de Persoal da Dirección Xeral da Policía decidiu arquivar o caso, decisión que comunica agora, dous anos despois de presentada a denuncia, o arquivo das dilixencias.

Nese día foran varias as manifestantes que solicitaran, mesmo mediante megafonía, aos axentes que se identificasen, mais varios deles negáronse e mesmo pediron o carné e ameazaron unha manifestante con sancionala por lles reclamar a identificación.

Xá cando se soubera, en maio do ano pasado, que se arquivara o caso, houbera declaracións, como esta do Movemento polos Dereitos Civís onde deitabasen estas reflexións: "é un caso claro, no que se quedou documentada unha infracción, e no que non se actúa", e alén: "nun dispositivo policial no que practicamente todos os axentes non levaban identificación, comprobar que a unidade responsable de perseguir esas ilegalidades considera que as ameazas a unha persoa por solicitar que se cumpra legalidade non é sancionable, resulta un convite para que os axentes non cumpran as normas".

Como nota curiosa cabe sinalar que, cando fora arquivada esta investigación pola Policía, pouco antes houbera a suspensión dun xuízo contra o funcionario policial que abofetara "impunemente" a unha moza en Madrid, como podedes ver nestoutro video:

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.