1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070215 lamaGaliza - Esculca - Segundo informan colectivos de apoio a persoas presas, R.G.G., interno no cárcere da Lama, recibiu graves ameazas de funcionarios da prisión durante a sua permanencia no módulo de isolamento onde foi recluído sen xustificación algunha e foi expedientado posteriormente por tres infraccións graves que teria cometido nun momento e lugar en que non estaba presente.


R.G.G. con 21 anos en prisión e data de cumprimento de condena ainda lonxíncua, está clasificado en primeiro grao, o réxime penitenciario de castigo. Despois dun longo período sen ser sancionado, o que tornaba posível a pasaxe a segundo grao e a posibilidde de sair de permiso, a finais do pasado ano foi transferido ao módulo de isolamento, sen mediar ningún tipo de infracción que puidese eventualmente xustificar a medida.

Este comportamento arbitrario dos responsábeis do centro penitenciario provocou que os seus compañeiros de módulo manifestasen a súa indignación demorando o inicio das tarefas de limpeza, xesto calificado polos funcionarios do cárcere como "conato de motín". Embora non tivese participación alguna na acción de protesta por encontrarse xa nesa altura no módulo de isolamento, R.G.G. foi acusado de incitación a rebeldía.

Encerrado na mesma cela en que morreu en abril do pasado ano E.G.S. en circunstancias que ainda non foron esclarecidas e están sob investigación xudicial, R.G.G. recibiu desde o primeiro día ameazas de alguns funcionarios ("Ya sabes quién estaba ahí, tú verás cómo quieres acabar"). Unha situación que só se resolveu cando persoas próximas presentaron queixas que e R.G.G. foi trasladado a outra cela.

Agora, decorrido un mes desde o traslado, R.G.G. é notificado da imposición de tres sancións moi graves como alegado promotor dun "motín" que en realidade, segundo afirmación de testemuñas presenciais, nunca chegou a producirse e en que R.G.G. en ningún caso podería ter participado por non estar presente no lugar dos feitos.

Foto: Gustavo Santos


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.