1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

actividadesxurxoGaliza - AAC - Da Asemblea Aberta de Coia convocan unha serie de actividades que teñen como obxectivo unha data, o mércores 11. Ese día, ás 10:30 nos xulgados de Vigo, celébrase o xuízo contra Xurxo, unhas das tres persoas imputadas "por mor da montaxe ordenada por Abel Caballero, alcalde de Vigo" -explican do colectivo.


O alcalde quere acalar a loita veciñal na rotonda, e non tivo problema en empregar a policía local para os seus fins. No desaloxo, que a empurróns fixeron máis de 40 policías locais o 7 de xaneiro, un policía local acusa a Xurxo dunhas lesións que as alí presentes negan con rotundidade. A única violencia que houbo na rotonda, confirman, viu de mans do goberno municipal que empregou a policía local nunhas funcións que extralimitan as propias destes funcionarios municipais: "Unha mentira que remata cun xuízo no que lle piden ao compañeiro: 2 anos e medio de cadea e máis de 1200 euros en concepto de indemnización".

Xurxo e o resto das persoas que levan desde o 4 de decembro nesta loita berran decote: NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER! Nese berro está a centralidade da protesta.

Esixen que o goberno municipal empregue os cartos de todas ao servizo das necesidades da xente. É dicir, esixen unhas políticas sociais que aseguren unha vida digna. Porén o alcalde e o seu goberno o que fan e tirar cartos na rotonda, en escaleiras mecánicas, en Balaídos, en publicidade...

Co dobre obxectivo: visualizar as nosas esixencias e procurar apoios para Xurxo na data do xuízo convocan estes días unha serie de actividades:

> XOVES 5/02 – 18:00 – Rotonda de Coia

CONCENTRACIÓN: cartaces polos dereitos sociais e de apoio a Xurxo

> VENRES 6/02 – 9:30

CONCENTRACIÓN nos XULGADOS (r/Lalín): en apoio a Xurxo

> DOMINGO 8/02 – 11:30

COMPARSA DE ENTROIDO PARA NENXS E MOZOS: na Asemblea apoian esta comparsa organizada pola parroquia do “Cristo da Vitoria” que anima a participar disfrazados de persoaxes do mar de Vigo: peixes, sereas, barquiños, piratas... a nenxs e maiores. A idea é pasar un rato divertido á vez que denunciar a falla de interese do Concello de Vigo polas persoas máis empobrecidas.

Sairá ás 11:30 da parroquia (r/Baiona 9) para chegaren a rotonda pola avenida de Castelao.

> LUNS 9/02 – 11:00

CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONCELLO DE VIGO: farase acto de presenza na data do pleno municipal con globos. Eles serán as súas armas para loitar a prol dos dereitos sociais que este concello está a converter en esmolas.

> MÉRCORES 11/02 – 9:30

CONCENTRACIÓN nos XULGADOS en APOIO a XURXO: os e as convocantes chaman a toda a cidadanía a participar neste acto de apoio ás portas do xulgado na data do xuízo "no que as mentiras policiais dirixidas poden rematar nunha condena inxusta" a unha persoa que participa nun movemento que practica non violencia e a desobediencia civil.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.