1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

fotoaureliaGaliza - SDCorunha - Unha veintena de policías e catro grilleiras recibíron hoxe os e as activistas de Stop Desafiuzamentos Coruña na Subdelegación do Goberno cando acudiron para realizar as correspondentes alegacións ás multas recibidas polo seu apoio as concentracións do 20 e 26 de Novembro e o posterior desaloxo de Alvaro Corral e a súa familia do día 27 do mesmo mes.


Foto do Diário Liberdade - Manifestantes apoiam Aurélia Rei para evitar o seu injusto despejo na Corunha.

As sanción impostas suman un total de 4.250 euros e van dos 100 aos 630 euros. Ademáis, foron denunciados/as para dous xuízos de faltas.

Chama a atención a desproporcionada presenza policial ante unha mera presentación conxunta de alegacións e unha rolda de prensa. Dende Stop Desafiuzamentos enmarcan o acontecido como unha peza máis dunha estratexia de constante persecución policial exercida contra todas as persoas que defenden os dereitos sociais.

Outra parte desa mesma estratexia para criminalizar e amedrentar seía o feito de que non se tivera identificado debidamente aos sancionados durante os días das protestas. A plataforma coruñesa considera que "isto é unha proba palpable da existencia de listas cos datos das persoas que protestan nas rúas. Queremos deixar constancia de que este feito nos deixa nunha situación de indefensión".

Por outra banda, cómpre subliñar que a manifestación do 20 de Novembro foi debidamente comunicada á Delegación de Goberno, incluíndo no percorrido a pasarela próxima á vivenda de Álvaro Corral. Malia isto, a policía non deixou acceder á mesma e os axentes amosaron a mesma actitude provocadora que se observou durante todas as accións que se teñen levado a cabo en San Vicente de Elviña e, en xeral, nas protestas levadas a cabo na cidade da Coruña.

Do mesmo xeito, os e as activistas consideran que as versións que se reflicten nos atestados policiais son visións distorsionadas e manipuladas da realidade, recollendo situacións que nunca sucederon, palabras que non pronunciaron e que son un paso máis na criminalización das protestas cidadás. Exemplo disto é a suspensión por defecto de forma do xuízo dos catro detidos no pasado desafiuzamento de Aríns (Compostela). "Os vídeos tomados ese día amosan a realidade tal e como é, e deixan ver as mentiras verquidas nos atestados policiais daquel día en Compostela. Coidamos que é unha práctica común: pasou en Aríns e pasa en San Vicente de Elviña" - explican.

Lamentan tamén que a testemuña dos axentes de policía teña sempre unha maior validez que a do cidadán especialmente, cando non hai máis probas que estes atestados ou cando as probas existentes contradín directamente á versión policial. Pensan que a futura “Lei Mordaza”, ademais de endurecer as sancións económicas, virá a regularizar prácticas que son xa comúns na actualidade como a existencia de listas; o maior peso da testemuña policial fronte a outras; e as versión manipuladas que se amosan nos atestados policiais.

Desde Stop Desafiuzamentos A Coruña queren amosar a súa solidariedade con outras persoas ou colectivos que se manifestan coma elas e eles e que están a padecer a mesma represión. Exemplos disto son as mobilizacións en Coia (Vigo) e en Aríns (Compostela).

Entenden que este afán sancionador que nos afecta a todas é parte dunha estratexia que pretende individualizar e criminalizar: "Consideran que, aillándonos a uns dos outros, conseguirán acalar a acción das protestas e dos colectivos sociais". Sen embargo, amosánse moi satisfeitos xa que a súa estratexia non está a ter éxito xa que estána transformar o individual en colectivo. Mostra disto é que acaban de pechar a súa campaña de socialización de multas cun gran éxito. Case un mes antes do que se esperaba, lograron recadar 7471,33 euros, cantidade superior á que tiñan como meta (7,000 euros) e case un mes antes do prazo que as mesmas activistas se fixaran (18 de febreiro, para conmemorar o intento de desafiuzamento de Aurelia).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.