1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

solidareidadejaviGaliza - NES/DL - Un reducido pero entusiasmado grupo de solidarixs concentráronse no luns 26 de xaneiro de 2015, arredor das 18:30 da tarde, na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, na céntrica rúa Loureiro Crespo, para amosar a súa solidariedade coa loita que leva a cabo o compañeiro e preso en loita Javier Guerrero Carvajal, quen se atopa ingresado neste hospital cun delicado estado de saúde que compromete seriamente a súa vida, debido á folga de fame que mantén dende o 11 de decembro, e ós días que pasou en folga de sede.


Durante a concentración berráronse varias consignas clásicas como "OS CÁRCERES SON CENTROS DE EXTERMINIO", "NON PODE SER, AS POBRES NAS CADEAS E OS CORRUPTOS NO PODER", "ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS" ou "NIN FIES NIN DISPERSIÓNS, NIN ENFERMXS NAS PRISIÓNS" e outras máis centradas neste caso coma "ÉL PIDE LIBERDADE E O ESTADO DALLE FAME" ou "EN FOLGA DE FAME POLA SÚA LIBERDADE". Tamén se explicou en voz alta a situación de Javier, a loita que desenvolve e o motivo do protesto, e os e as manifestantes "aproveitamos para lembrar o caso de Gavioto, preso en loita que morreu "suicidado" (asasinado) no penal de A Lama" onde tamén estaba pechado Javier antes de ser hospitalizado, e varias persoas paráronse a preguntar e informarse.

Repartíronse panfletos entre xs peatóns e tras aproximadamente tres cuartos de hora, disolveuse sen problemas. A pesar de que non pediron permiso nin comunicaron oficialmente a concentración (as e os manifestantes a pasar polos filtros que nos impón o Estado cada vez que queremos expoñer as nosas reivindicacións), a policía non fixo acto de aparición, "algo que lle agradecemos enormemente. Deberíades quedar na casa ou na comisaría máis a miúdo, que na rúa fai moito frío" - din.

Os e as solidarias explican que "Javi atópase nun delicado estado de saúde, e é fundamental que amosemos a nosa solidariedade por todos os medios posibles e ó noso alcance, para transmitirlle forza agora que as súas comezan a fallar. Pasar polo hospital e berrarlle consignas solidariedade dende a rúa, escribir cartas de apoio e solicitar que lle sexan entregadas, acudir ás concentracións ou convocar as vosas propias, espallar os panfletos e a información ou contactar cos grupos solidarios para informarse, son ferramentas que todxs podemos empregar para darlle ánimos e sumar as nosas voces á súa".

Os cárceres son a ferramenta do Estado para agochar as consecuencias dun sistema que falla estructuralmente. A democracia fala de dereitos humanos, mentras amontona en almacéns de almas a todas aquelas persoas que estorban, que non encaixan ou que simplemente, rexeitan os camiños impostos e buscan vías de vivir a súa vida fora dos chantaxes e normas inxustas que impoñen dende o Poder. A loita dxs presxs contra os malos tratos, é a loita pola dignidade daquelxs que viven privadxs dela. A loita contra as prisións, é a loita de todxs contra a hipocresía das institucións, e contra a mentira da reinserción que lexitima todas as súas torturas e abusos cotiáns sobre as persoas presas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.