1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

27xulgGaliza - AAC - A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 27 de xaneiro ás 10:30 unha CONCENTRACIÓN diante dos XULGADOS de VIGO (r/Lalín, Vigo) en apoio dos representantes citados para ratificar e ampliar a denuncia admitida por Fiscalía en contra do Concello de Vigo e a empresa Civis Global ante a instalación do barco na rotonda de Coia.


Fiscalía citou aos representantes da Asemblea Aberta de Coia para ratificar e ampliar a denuncia, admitida a trámite, por supostos delitos de prevaricación, malversación de fondos públicos, ocultismo e libre concorrencia na decisión do goberno municipal de instalar o “Bernardo Alfageme” na rotonda de Coia.

Unha decisión, segundo a Asemblea, tomada en contra:

- Do convenio de cesión do barco, o cal previa a defensa do patrimonio marítimo-pesqueiro da cidade á vez que un uso pedagóxico

- Dos acordos de dous plenos

- Da oposición da veciñanza, que reclamamos que non se malgasten cartos en ornamentación dunha cidade na que moitos fogares teñen problemas para cubrir as súas necesidades básicas.

Da Asemblea aproveitarán o acto para expresar, outra vez, o rexeitamento a instalación do barco, nuns momentos de grandes e graves problemas para moitas persoas que sofren uns servizos sociais municipais colapsados que non son quen de dar as respostas precisas por insuficiencia de medios. Aproveitarán a data para continuar coa recollida de sinaturas, que xa sobrepasan as 3000.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.