1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

javiguerreroconGaliza - NES/DL - A delicada situación de saúde do preso en loita Javier Guerrero Carvajal agravouse nos últimos días. Despois de mais de 40 días sen comer nada e con dúas folgas de sede de tres días, o seu corpo comeza a fraquear.


Na actualidade adelgazou mais de 20 kilos, e o seu corpo despois de esgotar os hidratos e as graxas está consumindo agora as proteínas, e os músculos empezan a atrofiarse. A fatiga é total, o reconto de glóbulos brancos e moi baixo e empeza a ter erros multiorgánico, como as agudas dores abdominais do pasado martes 20 de xaneiro debido a  unha severa obstrución nos seus riles que, segundo informan fontes do hospital provincial de Pontevedra, poden supoñer unha cirurxía de urxencia nos próximos días.

Poren, a súa moral está intacta así como o seu propósito de seguir a diante ate as últimas consecuencias ou ata que a súa clasificación penitenciaría sexa resolta ou arquivada a sanción proposta e reintégrense os permiso perdidos. A maiores recórdanos que a súa loita va mas alá, é mais un grao de area  para a defensa dos dereitos das persoas presas e a abolición das torturas.

A pesar do seu estado físico, e da inexistencia de visitas nas case tres semanas que leva hospitalizado, do silencio dos medios e dos órganos administrativos e xudiciais e do pouco apoio social que ten, segue considerando a loita polo dereitos fundamentais como necesaria, continua dando ánimos a todas aquelas persoas que están en loita contra a vulneración dos dereitos básicos en todos os ámbitos e agradece as mostras de apoio que lle están chegando.

As súas forzas son poucas e "necesita que lle emprestemos unhas poucas, axúdalle, axuda na loita social contra os malos tratos e as torturas. Difundamos este vital acto de protesta, démoslle a voz que lles quitaron as persoas privadas de liberdade, presionemos as institucións e medios de comunicación e, sobre todo, démoslle ánimos" -piden as e os solidarios con o preso.

JAVIER GUERRERO CARVAJAL

Hospital Provincial de Pontevedra (unidade penitenciaría)

Loureiro Crespo, 2, 36002 Pontevedra

3a CONCENTRACIÓN SOLIDARIA

LUNS 26 XANEIRO 18,30H

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.