1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

mani 16Galiza - Diário Liberdade - Igual do que passado dia 12 de dezembro, a vizinhança do bairro viguês de Coia manifestou-se contra a caprichosa instalaçom de um barco em umha rotunda nesta sexa (16/01), como tenciona o Presidente da Cámara Municipal, o nacionalista espanhol Abel Caballero.


No entanto, a manifestaçom da passada sexta-feira chegou com um pano de fundo bem mais sinistro do que aquela de finais do ano passado. Ao esbanjamento de fundos públicos da excêntrica obra, soma-se umha terrível repressom executadoa por umha polícia municipal sob ordens do governo municipal do PSOE.

Reproduzimos a seguir o comunicado lido em Coia , na sua ortografia original:

"Estamos a construír soños colectivos! Nunha asemblea, convocada de urxencia o 3 de decembro, decidimos parar as obras da rotonda; e conseguímolo. Foi a primeira vitoria, pero non a máis importante. Sen decatármonos, no rexeitamento da veciñanza á instalación do Bernardo Alfageme na rotonda, estabamos a expresar cos nosos corpos en desobediencia que SI, SI SE PODE!

Non sabemos se ao final chantarán o barco na rotonda, pero si temos claro que no seu intento están dispostos a empregar todos os medios que teñen á man: represión, criminalización, multas, mentiras... Nestas semanas golpeáronnos con forza, pero non acalaron, nin acalarán, a nosa resistencia; porque nós temos razóns, forza colectiva, constancia, poesía, mandarinas ecolóxicas... para continuar cunha loita que hai tempo superou a cuestión do barco.

Esta loita destapou o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais que deixan a moitas persoas sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos...; en definitiva, sen dereitos sociais.

O alcalde e os seus concelleiros falan de agresións, vandalismo e minoría marxinal para non ter que falar e afrontar o colapso do departamento de Benestar Social, dos meses de espera nas UTS, das protestas das propias traballadoras sociais, da falla de orzamentos, das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia, da miseria e precariedade da cidadanía...; en resumo, da arbitrariedade, inxustiza e ineficacia da política social deste Concello.

As relacións humanas, as reflexións, as experiencias, os coidados... son algúns dos fíos que estamos a empregar para tecer redes fortes que desde abaixo, desde a xente, vaian construíndo o barrio, a cidade, a terra que precisamos. Espazos onde a VIDA e as necesidades das persoas sexan o centro das políticas.

Os únicos barcos que queremos na rotonda son de papel. Barcos cheos de poesía, de beleza en que coller o impulso que precisamos para poñer os nosos corpos e as nosas mentes ao servizo doutra cidade máis humana.

Que o noso berro se escoite ben forte:

XUSTIZA SOCIAL!!

NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!!

Vigo, 16 de xaneiro de 2015"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.