1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

15105449217 8c2bb3af6b z 1Galiza - SDC - O caso da familia de Aríns iniciouse para StopDesahuciosCompostela no mes de xullo de 2014. A familia, cunha orde de desafiuzamento na man pediu a nosa axuda. Por dúas veces as e os activistas conseguiron paralizar este lanzamento.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Policiais durante o despejo violento de umha moradia em Arins, Compostela.

Pero no mes de setembro un xulgado cego e xordo e unha subdelegación do goberno sen ningún tipo de sensibilidade, unha vez máis deixou a unha familia sen casa e unha casa sen familia.

Ese día 19 de setembro un grupo de veciñas e veciños de Compostela foron a Aríns a estar coa familia, foron a apoiar os que perden unha das cousas máis prezadas: a vivenda construída coas súas mans.

Os acontecementos dese día foron difundidos por multitude de medios de comunicación; unha actuación policial sen precedentes para StopDesahuciosCompostela, que ata ese día conseguira negociar con xulgados, bancos, administracións..., para que ningunha familia fose expulsada da súa vivenda sen unha alternativa ocupacional. Empuxóns, golpes, porradas, insultos, berros, identificacións, a detención do mediador de StopDesahucios e unha familia sen casa era o resultado desa xornada.

Pero parece que aos gobernantes non lles chega con iso e agora pretenden que nunca máis apoien ningunha familia, pretenden que desaparezan, que non visibilicen o que está a suceder, que se oculten as penurias dos que tras perder o seu emprego tamén perden o teito que lles abeira, que as veciñas e veciños miren para outro lado e non aparezan denunciando o dereito a unha vivenda. Os gobernantes e as súas leis agora queren castigar os que estiveron en Aríns: 2 persoas multadas e xuízo de faltas para outras 4 persoas. Denunciadas por policías con ACUSACIÓN de desobediencia á autoridade.

Os e as activistas saben "que coas multas se pretende minar o colectivo pero ademais 4 de nós imos ser xulgados o día 28 de xaneiro". O atestado policial que leva a este xuízo "está enchido de falsidades" e estase a estudar a posibilidade de DENUNCIAR ós que o elaboraron. "Preguntámonos se tras aquel día non estaremos ante un posible delito de falsidade documental e detención ilegal sobre a persoa "autorizada" por policía e familia para actuar de mediador e que xunto con otras tres vai ser “xulgada”. Os documentos gráficos dese día difundidos polos medios de comunicación así o demostran" - aseguran.

StopDesahuciosCompostela di que si, que lles tería gustado desobedecer a autoridade, que lles tería gustado que non se tivese desafiuzado a familia, que 50 veciñas e veciños con pancartas tivesen podido convencer a autoridade xudicial e deter a acción duns 70 policías armados. Pero o seu desexo non se cumpriu.

Por todo o descrito, "todas as persoas que cremos que o dereito á vivenda é un dereito básico, por todas aquelas que cremos que o desafiuzamento de Aríns é inmoral iniciamos unha campaña de AUTOINCULPACIÓN: Eu tamén estiven en Aríns".

Elaborouse un formulario para cubrir e entregar no xulgado previo ao xuízo do 28/01/2015. Este formulario pódese tamén recoller e cubrir en:   CSA do Sar (Curros Enríquez, 28),   CUT (Calzada de  Sar, 93),  CIG (Miguel Ferro Caaveiro, 10)].

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.