1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

solidarixsjaviGaliza - Galiza Sul-CACT - Javi foi ingresado de urxencia no Hospital Provincial de Pontevedra o pasado luns, 5 de xaneiro, despois de 24 días sen comer e máis de 2 días de folga de sede.


O activista polos dereitos das persoas presas demanda a correcta aplicación do regulamento penitenciario, unha sanidade digna para os internos, o cese da represión aos que defenden os seus dereitos, que se resolva a súa situación penitenciaria, despois de dous recursos aos sucesivos mantementos de grao, e o restablecemento do permiso suspendido.

Coa súa loita lembra as pasadas loitas de compañeiros na cadea de A Lama no presente ano, onde algúns fixeron axuns, prantes, cortes de veas e folgas de fame, como a de 50 dias que fixo Emilio Sanchez en agosto e setembro deste ano. Tamén lembra a morte do preso e activista "Gaviotu" en extrañas circunstancias en Abril deste ano.

O preso deixou a folga de sede o mercores despois de casi 4 días sen beber, estando a súa saude en grave risgo. Ten diferentes doenzas que están a agravarse polo acto de protesta, e espérase que quede ingresado varias semanas máis.

O pasado mércores, Javi asomouse a fiestra e puido ver e saudar aos solidarixs que se concentraron ás portas do Hospital para dar visibilidade a súa loita, cousa que ata agora non fixeron os mass media que seguen calados.

Por outro lado o cárcere continúa a dificultar a visita de amigxs e familiares no Hospital e, incluso, dos avogados que lle asisten.

Agárdase outra concentración e máis mostras de solidariedade para a vindeira semana.

Os e as solidarias explican que "queremos que Javi saiba que non está só, e que o persoal do Hospital se entere que teñen ingresado un loitador. Sobretodo, que a institución penitenciaria saiba que apoiamos as suas demandas , pólo que pedimos mandar cartas de solidariedade" ao enderezo: JAVI GUERRERO CARVAJAL, Hospital Provincial de Pontevedra (unidade penitenciaria). Loureiro Crespo, 2, 36002 Pontevedra.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.