A través dela pretenden "facer chegar ás nosas compañeiras, dispersadas a centos de quilómetros, todo o noso cariño e apoio". Trátase, así mesmo, dun acto de denuncia da situación de excepcionalidade na que se atopan.
A Marcha, que este ano estará formada por 3 colunas, ten o seguinte itinerario:
- Coluna sur: parte de Pontevedra, con paradas en Vigo e Ponteareas. Este autobús dirixirase ao Centro Penitenciario de Villanubla, Valladolid, onde se atopa Roberto Rodríguez, a 431 km.
- Coluna centro: partirá de Compostela e vai ao centro penitenciario de Ocaña, Toledo, onde está Eduardo Vigo, a 680 km.
- Coluna norte: partirá de Coruña, facendo paradas en Ferrol, Lugo e Ourense, destino centro penitenciario de Dueñas, Palencia, centro no que se atopa Antom Santos, a 480 km.
Por último, as tres colunas xuntaranse, a primeira hora da tarde, diante da prisión de Mansilla de las Mulas (León), a 350 km., prisión na que se atopan Maria Osório e Raul Agulheiro, onde se levará a cabo un acto de protesta conxunto.
Convidamos a todas as persoas comprometidas e solidarias coas presas independentistas a esta IX Marcha ás Cadeas, da que se pode consultar toda a información a través do seguinte enlace:
http://quevoltem.org/.