1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

mani 16Galiza - AAC - Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairán desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde rematarán cunha concentración e coa lectura dun comunicado.


Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a loita viciñal camiña na procura da Xustiza Social desde a desobediencia pacífica. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de haber tres persoas "imputadas por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións por tocar a bucina..."- explican da Asemblea Aberta. "Estamos a destapar o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos, sen o local de Sereos... en definitiva: sen dereitos sociais".

"Aquí non sobra ninguén, precisamos a todo o mundo!"  e por iso animan a persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas... a asistiren a manifestación. "Xuntas estamos xa a construír dende abaixo, dende a xente outra cidade, na que as persoas e as nosas necesidades sexan o primeiro".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.