1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

140115 indGaliza - CIG - A CIG, UGT e CCOO chaman a veciñanza a participar nunha concentración diante do Marco este xoves día 15 ás 20.00 horas.


Co inicio do novo ano os sindicatos CIG, CCOO e UGT retoman as mobilizacións para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga. As protestas comezan este xoves día 15 diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas.

Dende a CIG, CCOO e UGT lembran que logo da sentenza inxusta que os condenou a tres anos de cárcere por faceren parte dun piquete informativo durante unha folga legal na demanda dun convenio colectivo xusto para o sector do transporte, Carlos e Serafín fican á espera de que o Goberno español lles conceda o indulto.

"O Executivo presidido por Mariano Rajoy xa llelo denegou nun primeiro intento, polo que é fundamental seguirmos a reclamar na rúa que se lles conceda o indulto para evitarmos que dous traballadores acaben en prisión por defenderen os dereitos da nosa clase", sosteñen.

Neste senso, apostan por continuar coa presión social sobre o novo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, e o propio presidente do Goberno central para que resolvan dunha vez e de maneira afirmativa a solicitude de Carlos e Serafín "e poñan fin ao sufrimento innecesario que padecen eles e as súas familias ante esta cruel incerteza".

Finalmente, ademais de chamar á veciñanza a participar na protesta, solicitan colaboración para difundir a convocatoria. "Porque hoxe son eles, mais mañá podes ser ti a vítima dunha Xustiza que deixa impunes os verdadeiros delincuentes (poderosos/as, corruptos/as, banqueiros/as...) e ao tempo afoga, con represión, ao pobo traballador que se rebela en defensa dos seus dereitos".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.