Os motivos, de sobra coñecidos:
- Visualizar o rexeitamento ás obras de instalación do Bernardo Alfageme.
- Expresar, de modo non violento, o descontento ante a desproporcionada resposta do goberno municipal da protesta cidadá. Unhas medidas criminalizadoras e represoras que, polo momento, remataron con tres imputados, con sancións por tocar a bucina e con compañeiros violentados pola Policía Local.
- Por último, manifestar, de modo colectivo, que "non aguantamos máis este "malgoberno". Ante esta situación, esiximos Políticas Sociais que garantan os dereitos de todas as persoas a unha vida digna e non só para unha minoría".